domingo, 26 de marzo de 2017

A biblioteca da Caracola Tola


Ola familias! Coma ben sabedes, os venres son os días que todas as aulas de Educación Infantil lle adicamos a ir á Biblioteca. Esta actividade que pode parecer tan sinxela, está chea de aprendizaxes: en primeiro lugar temos que buscar un libro que nos satisfaga, e despois, no noso carnet de bibliotecario/a,  somos nós os encargados/as de deixar rexistrado que libro levamos. 




Aquí tedes  outras imaxes con actividades que facemos na Biblioteca:















luns, 20 de marzo de 2017

8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora

O pasado mércores 8 de marzo conmemoramos este día tan especial. Como o Proxecto que estamos a traballar a nivel de centro está relacionado coa arquitectura, decidimos investigar un pouco nesa temática. E coñecimos a..
MILAGROS REY, a primeira arquitecta galega. Aquí tendes algunhas fotografías do resultado do noso traballo.




Coñecemos quen era









xoves, 16 de marzo de 2017

Día de Rosalía

O pasado 24 de febreiro foi o día de Rosalía. Todo o centro desenvolveu varias propostas para celebralo. No ciclo de Educación Infantil, partimos do poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes", coñecendo a seguinte canción que seguro que todos e todas coñeceredes. Agradecementos a /http://anxopictogramas.blogspot.com.es/ por crear este útil recurso.


 Buscando nos versos os pictogramas que tiñamos nas tarxetas

 Fomos ao cole de Primaria a buscar a Rosalía, a ver quen era capaz de atopala


Puxemos as caroutas de Rosalía

A continuación podedes ver os resultados deste traballo. Atopamos ao alumnado das tres aulas moi motivado por este tema e implicado. A verdade é que todas as mestras quedamos moi sorprendidas do significativo que foi para elas e eles traballar a Rosalía!

Mural de Rosalía, con pictogramas e parte do poema escrito nas espirais que colgan


                                         video
               Compañeiros de 4º de EI seguindo os pictogramas das escaleiras ao ritmo da música

domingo, 12 de marzo de 2017

Entroido 2017


Despois de cumprir as ordes do meco durante toda a semana, as murgas e o taller de cociña, o venres despedimos o entroido cunha festa na que, ademais de disfrazarnos e bailar, tivemos unha agradable xornada de convivencia entre familias, alumnas, alumnos e profes. 

Aquí vos deixamos unha serie de fotos relacionadas co entroido, dende o estudo dos edificios escollidos para o disfrace, a súa preparación cos compañeiros e compañeiras de Primaria e, por suposto, as fotos da festa!


























































Saúdos