Xa queda nadiña para rematar este curso que foi, a verdade, un pouco raro e no que, a pesar de todo demostrástedes ser uns verdadeiros CAMPIÓNS!!!!!!!
Hoxe queremos pedirvos algo especial para despedir este curso como se merece. Necesitamos que grabedes un video (30 segundos aprox) despedíndovos do cole, dos compis, do curso... para facer un super mega video do CEIPP ALEXANDRE BÓVEDA!!!!
Despidamos o curso na distancia, pero xuntos!!!!!!!
ANÍMATE E PARTICIPA!!!!!
(PRAZO PARA MANDAR OS VÍDEOS OU FOTOS ATA O MARTES 16 DE XUÑO)
(Se o video che da un pouco de reparo, vale con que nos mandedes unha foto simpática para despedir este curso 2019/20)
En setembro empezaremos con mais ganas, con mais forza e con moitas sorpresas!!!!
Achégase o fin de curso e as vacacións de VERÁN!!!! Así que hoxe toca facer FOGOS DE ARITIFICIO!!!!!!! Aínda que este curso foi un pouquiño raro, vamos a celebrar todo o que traballastedes que non foi pouco!!!!
E para hoxe, xoves, deixamos voar a imaxinación e creamos... MANDALAS!!!!!! (Con pinturas, con pedras, con macarróns, con paus depresores, con canicas, con flores...) TODO VALE!!!
Hoxe queremos traervos un reto diferente, non obstante, igual de interesante... porque, sabedes? Dentro de moi pouco celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE e tamén o DÍA DOS OCÉANOS... concretamente, o 5 e o 8 de xuño... Se mirades no calendario, veredes que xa queda moi pouco para celebrar estes dous días tan importantes. Todos debemos coidar o planeta onde vivimos, pero non só estes dous días senón TÓDOLOS DÍAS!
Dende o cole, preparamos unha serie de actividades para celebrar estes días e concienciar (nos) e concienciar a TODO O MUNDO da importancia de coidar a terra, o mar, a auga... e por eso, o reto desta semana ten moito que ver con esto... Vamos a lanzarvos unha pregunta... e tendes que mandarnos un pequeno video dándonos a resposta ... seguro que tendes moi claro que pasaría se...
POIS AHÍ O TENDES...
O RETO DESTA SEMANA...
QUE PASARÍA SE NO MUNDO SE ACABASE A AUGA?????
SEGURO QUE TAMÉN NOS PODEDES DAR ALGÚN CONSELLIÑO PARA QUE ISTO NON SUCEDA, VERDADE???
Pois ahí vos deixamos o reto desta semana. Esperamos os vosos vídeos... debuxos... dando resposta a esta pregunta ou tamén deixando algún conselliño para coidar este ben tan preciado entre todos.
A AUGA.
Esperamos a vosas respostas, coma sempre en: estrelasbrancas@gmail.com
Unha vez os teñamos todos, montaremos un vídeo para publicar no blogue e tamén en twitter e así axudar un pouquiño a concineciar sobre a importancia que a auga ten nas nosas vidas!
UN BICO FORTE!!!!!!
E para darvos ideas... podedes ver un par de vídeos interesantes...
Hoxe é venres e luce o sol así que alegría!!! Estamos moi contentas con todos os traballos que estamos a recibir e por eso hoxe queremos deixarvos un conto para que pasedes un bo rato e vos divirtades contando... FANTASMAS!!!! Uuuuuuuuuuu!!! Que medo!!!!!
Hoxe... vamos a crear con números!!! Estades preparados???? Precisades UN DADO, rotus de cores e un papel...
Tendes que tirar o dado, contar puntos e debuxar o que marque a cantidade do dado para crear o voso monstro arrepiante...
Cantas bocas terá o voso monstro?? Cantos ollos??? Cantas antenas ou cornos???? Creade ata que vos atopedes un monstro co que estedes conforme ou ben, marcade un número de tiradas (por exemplo 10 e probade a ver que vos monstro vos sae...) Despois... xa sabedes, podedes sacarlle unha foto e mandalo a: estrelasbranncas@gmail.com. Queremos ver os vosos monstros arrepiantes,
Como vedes, esta semana está sendo un pouco numérica... xa que vivimos nun mundo cheo de números que nos rodean por todas partes! Hoxe queremos proporvos que fagades unha torre. Podedes usar calquera material que teñades pola casa (caixas, coxíns, pezas, libros, xoguetes...) e facer unha TORRE O MAIS ALTA POSIBLE! Unha vez feita tedes que medila e despois pasamos os datos o papel... DEBUXADES A VOSA TORRE E ESCRIBIDES CANTO MIDE!!
QUEN FARÁ A TORRE MÁIS ALTA??
Se queredes, mandádenos a vosa foto, coa torre e o debuxo!!! Xa sabedes: estrelasbrancas@gmail.com
Os mércores toca English e... SIIII, xogar coa comunicación e coas palabras... así que, aquí vos deixamos unha proposta super entretenida de A.L: PASA PALABRA PARA COMUNICARNOS...
Aquí estamos de novo... e hoxe propoñémosvos unha actividade de SIMETRÍA!!!! Pero... que é a simetría?? Pois aquí vos explicamos... para que vos poñades a crear en canto poidades...
Para enteder que é un debuxo simétrico podedes doblar un folio pola metade e debuxar lineas ou unha mariposa... que pasa se o doblamos? Pois que nos sae o seu debuxo simétrico... e ademais chulísimo!!!
Pero podedes probar a facer debuxos simétricos con calquera tipo de material... aquí vos van uns exemplos...
Xa vedes, pintura, paus, tapóns, pezas... ATREVÉDESVOS COA SIMETRÍA???
Pois si, amiguiñas e amiguiños, o reto desta semana vai de cociña... Hai que facer un pouco de todo!!!! Cal destas dúas recetas vos atrevedes a facer??? Non vos podemos pedir a proba... pero sí unha fotiño... Estamos seguras de que seredes uns cociñeirxs estupendos!!!! E agora...
MANS A MASA!!!!!
Recordade mandar a vosa foto... tendes ata o xoves... estrelasbrancas@gmail.com
Hoxe é o voso día e dende aquí non podiamos deixar pasar este 15 de maio sen desexarvos todo o mellor. Somos conscientes de todo o esforzo que estades a facer nestes días (xa meses) de confinamento e por eso queremos, aínda que na distancia, estar un pouco máis preto desexándovos o mellor. Para hoxe e para sempre. Xuntos ante a adversidade porque TODO SAIRÁ BEN!!!
PRONTO NOS VEMOS!!!!
UNHA APERTA MOI FORTE PARA TODXS!!!
E hoxe máis que nunca, DISFRUTADE!!!!!
XA QUEDA MENOS PARA PODER DARNOS ESAS APERTAS QUE TANTO NECESITAMOS TODOXS!!!!!