Páxina

xoves, 19 de outubro de 2017

SETEMBRO. Neste mes cumpren...

Ola familias!
Coma xa sabedes, este anos decidimos que o alumnado tivese unha participación maior nos aniversarios.

Para a celebración, primeiro, o alumnado de cada clase confeccionou uns "banderíns" cos nomes dos compañeiros e/ou compañeiras que cumpriron ese mes. Estes banderíns quedarán colgados polo noso cole ao longo de todo o curso. O día da festa, fixemos dous grupos con alumnado das tres clases. Un grupo comezou participando na elaboración das lambonadas e, o outro, disfrutou de xogos dirixidos no patio. Cando acabou de cociñar o primeiro, cambiamos.  Nesta ocasión, tratánbanse dunhas boliñas de galleta recubertas con chocolate e decoradas co ingrediente que máis lle gustara a cada unha/un. Unha vez feitas, baixamos ao recreo a cantarlles aos compañeiros/as que estaban de aniversario e degustar o cociñado.

Aquí vos deixamos algunhas fotos:














































Saúdos!!

domingo, 1 de outubro de 2017

OLA FAMILIA!!!

AQUÍ VAI UN VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO QUE TRABALLAREMOS COS

 VOSOS  FILLO/AS DURANTE  ESTE CURSO.







ESTADE MOI ATENTOS PORQUE CONTINUARÁ........