domingo, 28 de febreiro de 2010

OS MARCO TAMÉN SOMOS ESCULTOR@S!!!

Si! É certo! Resulta que a profe di que agora que xa pintamos un pouco temos que empezar a facer esculturas! E nós, que somos moi aventureiros decidimos que probaríamos a ver que pasaba. Estes son os resultados:



Estamos desexando facer a seguinte!

mércores, 24 de febreiro de 2010

AS MENINAS

ESTÁ SEMANA DESCUBRIMOS QUE A CORDA DO ARTE SOPORTA UN PESO LIMITADO ASÍ QUE TIVEMOS QUE RETIRAR ALGÚNS DOS NOSOS CADROS PARA DEIXAR SITIO A OUTROS NOVOS, A EXPOSICIÓN ACTUAL TRATA DUNHA REVISIÓN DO CLÁSICO DE FRIDA KALHO "PENSANDO EN DIEGO", E SE PODE VISITAR NA NOSA CLASE.
PERO COMO PENSAMOS QUE EXISTEN OBRAS QUE NOS SE PODEN DEIXAR DE ADMIRAR AQUI TENDES UNHAS FOTOS DOS NOSOS CADROS "MENINA"

sábado, 20 de febreiro de 2010

MINUÉ

Para tod@s @s que non puideron estar.... A NOSA GRAN ACTUACIÓN:

video

xoves, 18 de febreiro de 2010

O ENTROIDO VIVIDO DENDE O PÚBLICO

Noraboa a todo o profesorado e as familias participantes!!! Fixéchedes un traballo fantástico.Moitas gracias por facernos pasar unha mañana tan agradable.
A verdade é que tiña un pouco de envidia...
Bicos para tod@s
Cris

ADEMAIS ESTÁBADES GUAPÍSIM@S

MIRADE!!!

OS LOUVRE COÑECEMOS A PICASSO

Sabíades que Pablo Picasso pintou un autorretrato?
Nós fixemos o mesmo.

1º: Puxémonos diante do espello para ver ben a nosa cara e que non se nos escapara ningún detalle.
2º: Mans á obra! Collemos ceras e pintamos os autorretratos.
3º: Finalmente, para poñer os nosos debuxos, fixemos uns bonitos marcos de cartón que pintamos con témperas.

Preciosos, verdade?


mércores, 17 de febreiro de 2010

OS MOMAS CELABRAMOS O ENTROIDO

Os MoMAS nos divertimos no entroido participando nas diferentes actividades desenroladas no centro, así : cumprimos as ordes do meco, preparamos a merenda das comadres, fixemos os disfraces coa axuda das familias e por último, e grazas o bo tempo, saimos a rúa, onde celebraron o entroido con todos os que quixeron.

martes, 16 de febreiro de 2010

XOVES DE COMADRES

ENTRE TANTAS ACTIVIDADES UNHA DAS QUE MAIS NOS GUSTOU FOI O XOVES DE COMADRES, QUE GRANDES COCIÑEIRAS NAS NOSAS FAMILIAS E QUE BEN NOS ENSINARON.
GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS TANTOS DÍAS O LONGO DESTE ENTROIDO.

xoves, 11 de febreiro de 2010

GRACIAS FAMILIAS

Mentres esperamos que chegue o venres para disfrazarnos, non perdemos o tempo!
Estas semanas tivemos moit@s colaboradores e pasámolo moi ben con el@s. Grazas a tod@s!!!

martes, 9 de febreiro de 2010

LEMBRANZAS DOS "LOUVRES"

Xa hai días que a nosa amiga ALBA tivo que deixarnos para volver a súa escola. Deste xeito queremos lembrarnos da súa despedida. VOLTA CANDO QUEIRAS!!!