mércores, 30 de xuño de 2010

martes, 29 de xuño de 2010

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Xa podedes ver e descargar as fotos da nosa viaxe a A coruña!!!!

venres, 25 de xuño de 2010

Camiño de Santiago

Camiñando, camiñando , o Alexandre Bóveda a Santiago de Compostela vai chegando.

luns, 14 de xuño de 2010

OS PRADO GAÑAN A LIGA


Ola a todos:
A clase dos Prado, en psicomotricidade, estivemos a aprender a xogar ao baloncesto.
A profesora explicounos que o primeiro que había que facer era aprender a botar a pelota. Estivemos a practicar moito e xa nos sae (máis ou menos).

Como as canastras estaban tan altas para nós, ocorréusenos poñer unhas rodas enriba doutras e practicar encestando nelas.
Foi moi divertido. Mirade o vídeo.


video

venres, 11 de xuño de 2010

OS TOMATES DO MARCO


Vos acordades que plantáramos os tomates de tres maneiras diferentes porque non sabiamos como facelo?

Pois ao final resultou que daba igual plantar un tomate enteiro ou unha metade para abaixo ou para arriba, porque nos tres saíron plantas (aínda que as do tomate enteiro tardaron máis).

mércores, 9 de xuño de 2010

O GUERNICA DOS LOUVRE

Está rematando o curso, e para finalizar o noso estudo de Pablo Picasso, os Louvre traballamos o Guernica.

A profesora contounos que Picasso pintou un cadro enorme, sen cor, só en branco e negro. Aquel cadro, testemuño da destrución da cidade de Guernica na guerra, íase chamar precisamente así, GUERNICA.

Os Louvre fixemos un crebacabezas xigante e cada un pintou unha peza. Decidimos facer unha versión máis alegre que a de Picasso.

Mirade, somos uns artistas!


video

luns, 7 de xuño de 2010

PINACOTECA III
















REMATA O CURSO E CON ÉL A NOSA PINACOTECA. AQUÍ VOS DEIXAMOS AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS.





venres, 4 de xuño de 2010

PASA O TEMPO

MEDRAMOS E CÓMO CRECEMOS ...
AS FOTOS NON NECESITAN MOITAS VERBAS, CADA DIA SOMOS MÁIS INDEPENDENTES E FACEMOS MÁIS COUSAS. VEDES O GUAPOS QUE ESTAMOS?