xoves, 26 de novembro de 2009

A CIENCIA NA CLASE DO LOUVRE

Á clase do Louvre tamén chegou a maleta científica, e os primeiros científicos foron Nano e a súa mamá Cris. Esto foi o que pasou:

TRUFAS DE CASTAÑA

ÓS AMIGOS/AS DA CLASE DOS GUGGEMHEIM QUE XA LEVAMOS A MOCHILA VIAXEIRA ENCANTOUNOS O LIBRO DE COCIÑA POLO QUE O PROFE DECIDIU FACER UN TALLER PARA QUE TODOS COCIÑASEMOS , A RECEITA ESCOLLIDA FOI "TRUFAS DE CASTAÑA".

QUE RICAS NOS SAIRON!!!


MARCO NO XIMNASIO

"ÓS MARCO" ENCÁNTANOS A CLASE DE PSICOMOTRICIDADE , QUE BEN O PASAMOS COA CAMA ELÁSTICA!!


martes, 24 de novembro de 2009

OS MOMA E A CIENCIA

A primeira semana da maleta científica tocoulle a Uxía, e isto foi o que fixo na clase coa súa mamá.


CIENCIA NA CLASE DOS PRADO

Xa podedes ver o ben que o pasamos co volcán que fixo Lidia cos seus pais!

sábado, 14 de novembro de 2009

CHEGOU O OUTONO Á CLASE DOS MARCO!

Estabamos tan entretidos con isto dos retratos que non reparamos en que algo estaba a acontecer.
Ata que un día...
- Pero, que é isto? Está a chover
- Necesito botas e paraugas!
- Que frío vai!
- Mira as árbores! Cambiaron de cor!
- E todas estas follas no chan?


CHEGOU O OUTONO!!!

MAGOSTO

O magosto chegou ao cole! O venres o celebramos no cole, primeiro cuns xogos tradicionais logo cunha boa comilona, e por último cantanco todos xuntos. O pasamos así de ben!

Pinchando na imaxe poderás acceder ao álbum para descargar as fotos.
E se queres ver máis preme aquí para acceder á páxina web do cole!

mércores, 11 de novembro de 2009

O MAGOSTO ESTÁ EIQUÍ... XA CHEGOU, SI!!!




Este ano, o MAGOSTO chega á clase dos LOUVRE da man de Alba, a nosa profe en prácticas.

Resulta que Alba ten unha amiga, A CASTAÑA KATARINA. Escoitara falar moito de nos e quería coñecernos. Enviounos un conto moi, moi divertido.





Tamén, deixounos unha sorpresa moi ben agachada pero como somos grandes descubridores, atopámola enseguida.





Eiquí, estamos moi concentrados lendo a súa mensaxe e tentando de adiviñar que habería dentro da caixa.




Katarina propúxonos confeccionar o "LIBRO DO MAGOSTO" onde todas e todos podemos participar e facer as nosas aportacións en familia.






E por que non facer unhas cestiñas para levar as castañas??
Somos grandes artistas e ademais reciclamos e reutilizamos diversos materiais.
<

domingo, 8 de novembro de 2009

OS MoMA PINTAN ROSAS DO MAR

Os MoMA seguindo o particular estilo de Maruja Mallo, creamos as nosas pinturas unindo elementos frorais e elementos do mundo mariño. Para crear as nosas obras empregamos diferentes técnicas:


pintamos con lapis de cor



pintamos con rotulador



difuminamos cera graxa




Esta foi a nosa obra:






martes, 3 de novembro de 2009

OS PRADO BUSCAN FOLLAS

Buscamos follas para facer un traballo sobre o outono. Entre folla e folla Anxo Besada cumpriu os 3 anos.Tamén celebramos o Samaín coa cabaza que nos truxo a avoa Maria.


A NOSA PRIMEIRA SAIDA


Foi moi emocionante sair do Cole todos xuntos. Camiñamos dabondo, e chegamos moi cansos pero mereceu a pena. Os Prado podemos con todo!