Páxina

martes, 14 de abril de 2020

BENVID@S O TERCEIRO TRIMESTRE!!

Ola familias!!!!!! 
O tempo pasa moi rápido normalmente, pero agora que estamos confinamos perdemos ás veces a noción do mesmo... e sen darnos conta, acabamos de entrar no TERCEIRO TRIMESTRE!!!!!! 
Dende aquí queremos darvos a benvida e sobre todo moito ánimo. O que mais desexamos é que todxs estedes ben porque temos que seguir loitando con esta situación, esta situación que nos une na distancia e estamos seguras de que xuntxs poderemos superala. Polo de agora, estamos agardando instruccións sobre o que vai pasar, pero mentras chegan e non chegan, seguiremos actualizando o blogue e propoñéndovos actividades. Non obstante, o que temos claro e que todo o que fagades na casa estará ben. O importante para nós é que as nenas e o nenos vivan esta situación da mellor maneira posible, con tranquilidade, sacando a parte positiva e sobre todo, agora que xa se cumpliu un mes dende aquel famoso 13 de marzo no que todo nos cambio de repente. 

MOITÍSIMO ÁNIMO E MOITÍSIMOS BICOS. 

#xuntospodemos
#todovaasalirbien



A NOSA PROPOSTA PARA HOXE É: 
VACACIÓNS E CONFINAMENTO. 
Propoñémosvos facer un debuxo. A creatividade hai que seguir entrenándoa e mais agora que non podemos saír, así que o vos propoñémos é  facer un debuxo da vosa xente, a familia coa que pasastedes estes días de vacacións e tamén claro, este tempo de confinamento... Podedes debuxarvos como queirades e poñerlle os nomes. Ese debuxo será un gran tesouro para a caixa de recordos. 

Un saúdo e bicos moi grandes. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario