Queremos proporvos unha actividade coa que traballar a atención, a lóxicamatemática, a lectoescritura e depaso, seguir co noso proxecto sobre o mar, traballando vocabulario do fondo mariño. Recordarvos, ante todo, que son propostas, para que teñades recursos dos que poder tirar se os necesitades, non obstante, todo o que fagades estará ben feito... Non vos preocupedes. A continuación explícámosvos a dinámica (non é nesario imprirmir se non dispodes de impresora).
Trátase de que os nenxs descubran diferentes animais mariños, aprendan os seus nomes e xoguen con eles... Podedes xogar a construir os nomes con tapóns que eles teñan que ordenar, con papeles e pegando nun folio, con sellos de letras, se tendes na casa, escribindo... Debuxar o animal... contar cantos hai vendo a imaxe no ordenador e escribir o número ou identificalo nunha recta que lle escribades... ou ben, imprimir e facer a ficha en papel, onde tamén poden debuxar o animal en cuestión pola parte de atrás, escribir a data, o nome...
PODEDES ACCEDER A TODO O MATERIAL PREMENDO NO ENLACE:
https://drive.google.com/file/d/1f_l-wyTBXDAkks0pq84Q0kVAI_2j6xTK/view?usp=sharing
Esperemos que vos guste e vos sirva para ir facendo cousiñas nestes días de confinamento,
Moito ánimo!!!!! Seguimos en contacto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario