Páxina

luns, 16 de marzo de 2020

OLA A TODOS E TODAS. FAMILIAS E NENXS!!!

Ola familias! Ola nenos e nenas!!

Que tal van eses cangrexos, esas estrelas de mar e eses pez arcoiris??? Espero que levedes todo isto da mellor maneira posible. Dende aquí mandarvos un bico enorme e dicirvos que vos botamos moito de menos!!! Pero pronto encheremos as aulas de ruido e alegría.

Debido a esta situación especial por motivo do COVID-19 decidimos recuperar de novo este blogue para poder estar en contacto e que teñades mais accesible todo o que abrangue a etapa de Educación Infantil. Recordade que non se trata de facer todo nun día, senón procurar seguir mantendo unhas rutinas diarias, un horario axeitado e unhas tarefas con todo aquelo que teñamos pola casa. Dende aquí subiremos ideas, enlaces, actividades... para facilitarvos un pouco a tarefa que sabemos que ás veces, non resulta doada, igual que non o é esta situación extraordinaria, pero recordade que xuntxs podemos superala.

Por se vos serve de axuda, aquí vos deixamos un exemplo de horario para estes días, serán complicados pero o importante é que estamos facendo o correcto. Cun graiño de area, paciencia e un pouco de esforzo de cada un podemos conseguilo.



                                                                        #euquedonacasa
                                                                        #todovaasalirbien


Estas son as actividades que vos propuxemos o venres, cada día xogade un pouquiño, contade contos, contade historias, contade mazás, laranxas ou rolos de papel hixiénico, que nestes días parece que abundan ... facede debuxos... e dádalle renda solta a vosa imaxinación.


                                                           
                                         Moito ánimo para estes días e estamos en contacto.


                                                    Un saúdo de todo o Equipo de Ed. Infantil.
                                                                  Ceip p. Alexandre Bóveda


mércores, 4 de marzo de 2020

APPS PARA TABLET OU MÓBIL

Ola familias!!!!

   Estes días toca explorar oor aquí e acolá para poder entreter os nosos pequenxs da mellor maneira posible e, buscando e fedellando, atopamos outra app que pode resultar interesante para traballar un ratiño nestes días e coa que ademais, seguiremos aprendendo e adquirindo conceptos básicos, lectoescritura, lóxicamatemática... e que ademais é gratuita e poder realizar autónomamente. Por se non a coñecedes, aquí vola deixamos. Chámase GAMEKIDS 3. Tendes que descargala na app store... e a xogar!!!! Esperamos que, entre unhas cousas e outras, os nenxs poidan pasar estes días da menor maneira posible.

    Unha aperta forte para todxs! 


GAMEKIDS 3

xoves, 20 de xuño de 2019

domingo, 24 de marzo de 2019

POESÍA 6º





CON MOTIVO DO DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO, OS ALUMNO/AS  DE 6º  BAIXARON   

 ÁS   AULAS    DE  INFANTIL A  RECITARNOS UN POEMA.







SAÍDA  A PONTEVEDRA



O mércores 20 de marzo, os nenos/ as de educación infantil,  fomos a Pontevedra a  ver a exposición

 " NAIS e FILLAS" .


EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

OBRADOIRO 
   




martes, 12 de marzo de 2019

DEMOSTRACIÓN DE BOCCIA E SLALOM


OLA FAMILIAS,

ESTE LUNS, 11 DE MARZO, TIVEMOS A VISITA DALGÚNS DOS
MEMBROS  DE APAMP (asociación de familias de personas con parálise cerebral).

OS NOSOS NENOS GOZARON DOS XOGOS E DA COMPAÑÍA DOS DEPORTISTAS.


MOITAS GRAZAS


                                                     Equipo APAMP


Xogando a Boccia




                                        Ana explicounos como se xoga o Slalom a través dunha grabación de voz

luns, 2 de xullo de 2018

AXUDAS MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros e material para o ciclo de educación infantil.

LIGAZÓN Á PÁXINA DO CONCELLO DE REDONDELA:


Un saúdo