A clase dos e das mutantes levabamos un tempo sen saber das nosas amigas e amigos de 6º de Primaria, por iso, hoxe, xa que estamos coas revolucións tecnolóxicos a voltas, xuntámonos e gravamos unhas "minipelículas" cunha App que nos permitía tornar ao cine de hai uns cantos anos. Mirade o resultado!
Os contacontos das familias chegaron ao seu fin na clase dos Mutantes (ooohhh...).
Neste mes de abril tivemos a sorte de ter connosco a familia de Ainoa, con teatro e todo!, a familia de Darío, coa que aprendemos moitísimas cousas sobre os dentes, como coidalos, lavalos,... e a familia de Ainara con información sobre o Sistema Solar (incluso... con planetas comestibles!!). Grazas Laura, Ángela e Silvia!
Agora que a ronda de contacontos rematou, animádevos a propor outras actividades para pasar tempo connosco!
Boas familias!
Coma este mes xa non hai máis contacontos, aquí vos deixamos as fotos das familias que nos visitaron en marzo.
Estivo Rosi, nai de David, que nos contou dous libros: "Matías y las maravillas", acompañado dun mapamundi que nos permitiu localizar as fermosísimas marabillas do mundo, e "Tangram Gato". Ademais, regalounos un caixa cun tangram para a clase xunto con moitísimas imaxes para facer. Grazas Rosi!
Tamén veu Maica, nai de Nico, que nos fixo un libro sobre os incendios dos bosques, regalounos unhas semillas que plantamos coa súa axuda e puxo a erupcionar un volcán!!!!!!!! Que medo!
Grazas Maica!
E, por último, Miguel! outro papá que se animou! Xunto con Bruno, léronnos un libro sobre os océanos, pero non se trataba de calquera libro, para ver os seus debuxos, necesitabamos introducir algo nel... pero iso o deixamos para nós...jojo
Grazas Miguel!
Apertas
mércores, 7 de marzo de 2018
OLA FAMILIAS
Aquí vai a entrada dos aniversarios que celebramos no mes de Febreiro. As protagonistas deste mes son:
LÍA QUE CUMPRIU 4 ANOS
JULIA CON 5 ANIÑOS
E BLANCA QUE CUMPRÍA 6 ANOS
Nesta ocasión, no noso taller de cociña preparamos unhas galletas con formas divertidas. Todos os neno/as participaron na súa elaboración:
Aquí vos traemos unhas fotos das familias de 6º que participaron na hora de ler dos venres durante o mes de febreiro. Grazas a María, nai de Íker, a Vanesa, nai de Sabela, a Paula, nai de Daniel e, especialmete, grazas a Tomás, pai de Breixo, por ser o primeiro papá que participa nesta actividade!
*Nesta foto estabamos ás escuras e mirando ao teito posto que Paula e Daniel decidiron sorprendernos cun proxector e ensinarnos os planetas, a lúa,... quedamos abraiados/as!
Saúdos!
venres, 16 de febreiro de 2018
Ola familias
O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Dende o ciclo de Ed. Infantil estivemos a traballar a tres mulleres(Wangari Maatthai, Jane Goodall e Berta Cáceres). Os seus traballos son un exemplo de REVOLUCIÓN PACÍFICA a favor da defensa do medio ambiente e os dereitos humanos. Deixámosvos unha pequena mostra do noso traballo cos nenos/as
Aquí estamos novamente para compartir convosco a celebración dos aniversarios dos nenos e nenas que cumpren anos no mes de xaneiro: Álex (4 anos), Nora e Pepe (5 anos) e Ainara e Lucas (6 anos).
Este mes non fixemos o noso tradicional obradoiro de cociña xa que aínda tiñamos gardados algúns doces sobrantes da merendola do Nadal. Os nenos e nenas decidiron que toda esa comida non podía desperdiciarse, e que mellor momento para gozala que nun día de festa coma este.
Os homenaxeados foron os encargados de decidir, dispoñer e organizar a colocación das mesas e das diferentes bandexas de comida. Que ben o fixeron!
Todo listo? Bo proveito e que empece a festa!
Pasámolo moi ben, estes momentos todos xuntos son dos nosos preferidos.