Páxina

mércores, 18 de abril de 2018

Visita ao noso cole!

Boas familias!

Hoxe tivemos unha visita. Algúns usuarios/as do Centro de día de Redondela viñeron a compartir con nós unha xornada na que, ademais de ensinarnos algúns xoguetes que tiñan eles/elas de pequenos/as, tamén nos ensinaron a facer pelotas con medias e follas de xornal e pequenos avións con pinzas da roupa e paus. Estes usuarios e usuarias viñeron acompañados de dúas rapazas que os coidaban e a nós nos axudaban a facer as pelotas e os avións. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos. Coma vedes, aproveitamos a ocasión para que o alumnado das tres clases tivese a oportunida de convivir entre elas/eles. 























 Unha aperta

1 comentario:

  1. Estas convivencias transmiten moitos valores os nenos, muy boa colaboración.

    ResponderEliminar