Páxina

luns, 20 de novembro de 2017

1º Reto do Beretiño

Ola familias!

Nesta entrada queremos compartir con vós as fotos do 1º reto proposto polo Beretiño, a mascota do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que dende fai varios anos encárgase de animar aos nenos e nenas a falar, escribir, xogar e descubrir en galego, a través de 6 desafíos repartidos ao longo do curso.

Así pois, este 1º desafío consistía en investigar a procedencia do galego. Para iso os nenos/as de Educación Infantil escribiron diferentes palabras galegas en papeis de distintas cores en función de cal fose a súa procedencia (Celta ou Preindoeuropeas, como por exemplo: amorodo, toxo…; Latina, como por exemplo: lanterna, voda…; Xermánica ou Bárbara, como por exemplo: laverca, esparto…; e Árabe, como por exemplo: laranxa, aceite…).




Por outra parte, os nenos/as de 3 anos foron os encargados/as  de pintar un funil, que logo foi colocado na parede situada encima das escaleiras, e como ao principio non sabían moi ben para que se servía dito obxecto, estivemos experimentando con el para ver como se empregaba. 




Posteriormente cada clase foi saíndo a botar ditas palabras polo funil, debaixo do cal colocamos unha caixa pintada coa bandeira de Galicia, a cal representa o idioma galego, que como puidemos ver despois de realizar dita actividade ten diferentes procedencias.












Un saúdo!

1 comentario: