martes, 25 de abril de 2017

Saída á BIBLIOTECA DE CHAPELA

Boas!!
Aproveintando o seu 12º aniversario e que estivemos a traballar sobre o DÍA DO LIBRO (23 de abril), este venres pasado fixemos unha visita á biblioteca de Chapela,  moi coñecida por algúns nenos e nenas!

Nela, María José ensinounos un montón de libros relacionados co noso proxecto sobre a arquitectura. Logo, contounos un par de contos e, para finalizar, fixemos un mural con diferentes tipos de casas.

Fixemos dous grupos, equipo amarelo e equipo verde, e mentres un equipo estaba dentro da biblioteca, o outro xogou no parque tan chulo que ten ao seu carón (e logo cambiamos).

Aquí vos deixamos algunhas fotos:





















  






























*Grazas a unha mamá, tamén soubemos que nos fixeron un pequeno video desde a biblioteca:



Saúdos

3 comentarios:

  1. Superchulas as fotos, ´fixestedes unha actividade preciosa!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, a verdade é que estivo xenial!

      Eliminar
  2. Que saída máis chula!Pasámolo en grande. Moitas grazas a María José que estivo tan atenta dende que comezamos a planificar a visita.

    ResponderEliminar