xoves, 16 de marzo de 2017

Día de Rosalía

O pasado 24 de febreiro foi o día de Rosalía. Todo o centro desenvolveu varias propostas para celebralo. No ciclo de Educación Infantil, partimos do poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes", coñecendo a seguinte canción que seguro que todos e todas coñeceredes. Agradecementos a /http://anxopictogramas.blogspot.com.es/ por crear este útil recurso.


 Buscando nos versos os pictogramas que tiñamos nas tarxetas

 Fomos ao cole de Primaria a buscar a Rosalía, a ver quen era capaz de atopala


Puxemos as caroutas de Rosalía

A continuación podedes ver os resultados deste traballo. Atopamos ao alumnado das tres aulas moi motivado por este tema e implicado. A verdade é que todas as mestras quedamos moi sorprendidas do significativo que foi para elas e eles traballar a Rosalía!

Mural de Rosalía, con pictogramas e parte do poema escrito nas espirais que colgan


                                         video
               Compañeiros de 4º de EI seguindo os pictogramas das escaleiras ao ritmo da música

Ningún comentario:

Publicar un comentario