xoves, 9 de decembro de 2010

QUEN DIXO MEDO?

Estes días @s Edison estivemos vendo varios animais relacionados co mundo dos cromañóns e cromañonas. Coñecemos os utensilios e as técnicas que empregaban os cromañóns para cazalos, para que se empregaba a súa pel, os seus ósos e a súa carne. Sabemos tamén que os mamuts eran moi grandes e moi difíciles de cazar. Pero había un animal ,DENTE DE SABLE, ao que lle tiñan moito medo xa que era moi fero e como o seu nome di, tiña uns dentes moi longos e afiados. A verdade e que @s Edison non lle temos nadiña de medo, ademais nós sabemos ruxir máis forte e mellor.

1 comentario:

  1. Bo Nadal para OS EDISON , os seus pais e os profes de Angoren. Sigo o blogue e estou abraiada cos descubridores que temos en potencia.
    Moitos bicos
    Profe Ángela

    ResponderEliminar