Páxina

xoves, 11 de novembro de 2010

RING, RING!!! @S BELL CHAMANDO A MARÍA

Hai xa algúns días, recibimos unha visita moi, moi especial... María, a nosa profe de tres anos, estivo con nos. Esperamos a súa visita con moita impaciencia pois tiñamos moitas ganas de volvela ver. Preparamoslle un agasallo moi divertido onde cada un de nos debuxou como a lembraba... Non nos esquecimos dos seus rizos e do seu sorriso!!! Cando chegou contámoslle moitas cousas: o nome da nosa clase, as cousas que estabamos a investigar, a nosa árbore d@s amig@s, o noso antifaz d@s encargad@s e tamen as "novas da nosa vida".
Foi un momento entrañable no que tod@s disfrutamos moitísimo con piruleta incluida.
María, grazas por todo!!!!

2 comentarios:

  1. A verdade é que paseino moi ben, tiña moitas ganas de vervos e fíxome moita ilusión. Gústame moito como estades a traballar. Seguide así!!!!
    Gracias polo regalo, gustoume un monton!!!
    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  2. AGORA TOCALLE A VISITA A PROFE ANGELA FARAILLE MOITA ILUSION E ADEMAIS MERECEO.

    ResponderEliminar