Páxina

venres, 21 de maio de 2010

OS MOMA SOMOS ESCULTORES

No día do libro estivemos a traballar con "Alicia no pais das maravillas". Gustounos tanto que decidimos intentar facer unha escultura de Alicia. Tivemos que planificar ben o noso traballo e colaborar tod@s. Primeiro fixemos as partes do corpo con boliñas de papel de periódico, despois as cubrimos con papel de cociña empapado con cola e auga. Para rematar a pintamos, decoramos o seu vestido e puxemos os seus ollos e o cabelo. Costounos moito facer a escultura e o que mais recoller todos os materiais cada día ó rematar... mánchase abondo ó facer esculturas. Mirade que simpática quedou a nosa queridiña Alicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario