Páxina

mércores, 11 de novembro de 2009

O MAGOSTO ESTÁ EIQUÍ... XA CHEGOU, SI!!!




Este ano, o MAGOSTO chega á clase dos LOUVRE da man de Alba, a nosa profe en prácticas.

Resulta que Alba ten unha amiga, A CASTAÑA KATARINA. Escoitara falar moito de nos e quería coñecernos. Enviounos un conto moi, moi divertido.





Tamén, deixounos unha sorpresa moi ben agachada pero como somos grandes descubridores, atopámola enseguida.





Eiquí, estamos moi concentrados lendo a súa mensaxe e tentando de adiviñar que habería dentro da caixa.




Katarina propúxonos confeccionar o "LIBRO DO MAGOSTO" onde todas e todos podemos participar e facer as nosas aportacións en familia.






E por que non facer unhas cestiñas para levar as castañas??
Somos grandes artistas e ademais reciclamos e reutilizamos diversos materiais.
<

Ningún comentario:

Publicar un comentario