Páxina

xoves, 7 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA OU AS PITAS MOLLADAS


Ola un día máis a todxs!!!
   Esperamos que sigades ben e recordade, ante todo, que un día máis é tamén un día menos!!!!!

   Hoxe queremos deixarvos un traballiño para que deixedes voar a vosa imaxinación... No enlace atoparedes un pita. Representa o conto infantil de Ricardo Carballo Calero, o que este ano se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. O que tedes que facer coa pita é o que vos apeteza ou vos suxira: colorear, pegarlle papeliños ou calquera outro material, facer grafo con ela e decorala con puntos, con raias, con formas xeométriacas, pintar con diferentes materiais ou ben debuxala, tamén podedes facela vós. TODO VALE!!! O importante é que a fagades como máis vos guste!!Unha vez feita mandándenola (antes do día 15 de maio), pois ese día o noso twitter do cole estará cheo de pitas molladas, de infantil e primaria,  que será a nosa pequena homenaxe a este autor.

PODEDES DESCARGAR A PITA NO ENLACE OU BEN, DEBUXALA VOS MESMOS!!!! Esperamos todas esas pitas con entusiasmo!!! 

https://drive.google.com/file/d/1TDspcXIDevqJlNii_RtlJzeCF4mNDEUD/view?usp=sharing





RICARDO CARBALLO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020


Un bico moi forte!


mércores, 6 de maio de 2020

Boas a todxs!!! 

    Un día máis... un día menos!!!! Moito ánimo!!!!! Aquí vos deixamos máis xogos interactivos para a aprendizaxe das habilidades lingüísticas. 
Unha aperta mo moi pero que moi forte!!!! 

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas



AQUÍ VAN AS PROPOSTAS DE INGLÉS DESTA SEMANA!


Hello!!!! 

Aquí vos deixamos as propostas da profe Olga para esta semana! Premede no enlace de abaixo. 

Moitos biquiños!!! 





https://drive.google.com/file/d/11NY7W1d_hF_jS7WeNutoG5baiz4BaefM/view?usp=sharing

martes, 5 de maio de 2020

NOVA PROPOSTA PARA ESTA SEMANA!!! ⇦⇧⇨⇩

Que mellor que aprender xogando?? A través do xogo os nenos e nenas poden aprendelo todo!! Por iso esta semana vos propoñemos unhas actividades de orientación espacial onde os pequenos poden pasalo fenomenal!!

Primeiro deixámosvos unhas tarxetas para repasar os conceptos e a continuación... Uns xogos que podedes adaptar co que teñades na casa!! Así traballarán a dirección, a posición, a orientación... A través de xoguetes e flechas, así de fácil!



Por último elaboramos tamén un xogo interactivo para que podan facelo dende calquera dispositivo electrónico e disfrutar ao máximo!!! Deixámosvos aquí o enlace:


Esperamos que vos divirtades e sigades con moitas ganas de aprender!!
Non vos esquezades que con calquera dúbida podedes escribirnos ao correo!!

FELIZ MARTES CANGREXOS, ESTRELAS DE MAR E PEIXES ARCOIRIS

luns, 4 de maio de 2020

TAREFAS NA CASA... NOVO RETO!!!!

Ola de novo a todxs!!!

    Despois dunha fin de semana máis longa, aquí estamos de novo, propondo o novo reto para esta semana.


¿Que tendes que facer?

O novo reto desta semana vai sobre axudar, na casa, no fogar, que é donde agora pasamos case toda  a nosa xornada completa... e onde todos e todas temos que colaborar (coa roupa, coa louza, coas camas, cos xoguetes...) Aínda que sabemso que sempre axudades na casa, esta semana teredes que demostralo cunha foto... UNHA FOTO FACENDO ALGUNHA TAREFA DO FOGAR COA QUE AXUDEMOS A MANTER A LIMPEZA, A ORDE... 

Tedes de plazo ata o xoves... así que, xa sabedes... MANS A OBRA!!!! E non vos olvidedes de mandarnos a foto!!!!! (estrelasbrancas@gmail.com)

Unha aperta moi grande para todxs!!! 

TUTORIAL VIDEOCONFERENCIAS WEBEX

Ola familias!!! 

    Aquí vos deixo un titorial para as videoconferencias coa plataforma WEBEX, da Xunta de Galicia. 

PREMEDE NO ENLACE PARA ACCEDER.


https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&feature=youtu.be


Unha aperta!

venres, 1 de maio de 2020

PRIMEIRO RETO SEMANAL... SUPERADO!!!

Parabéns cangrexos, estrelas de mar e peixes Arcoiris!!!

Superastes o reto de atopar diferentes figuras en casa con moita imaxinación e ganas!!!! Agora a descansar... Porque o luns propoñeremos outro! A ver quen o consegue...




Moitas gracias por participar