Páxina

luns, 23 de marzo de 2020

IDEAS PARA TRABALLAR A LÓXICA MATEMÁTICA NA CASA

Ola familias!!!

  Pois aquí seguimos e parece que isto vai para longo... O importante é non perder o ánimo e seguir adiante con forza!!!! Xuntos podemos!!!!! Pronto volveremos a vernos!!!! Moita forza!!!!! 

   Aquí vos deixamos unhas ideas para traballar a lóxica matemática dende a casa. Calquera cousa, calquera idea é válida... dende contar os iogures que temos no frigorífico ata os escalóns da casa... ordenar tazas ou vasos por tamaños... MOITO ÁNIMO!!!!!!!!!!!! 


Para esta idea, basta con papeliños con números, que incluso poden escribir eles e usar, macarróns, por exemplo. 

MAIS IDEAS AQUÍ: 


https://drive.google.com/file/d/1LYbVshfaUKoebhIHm3zUhjwdMVWO_ewH/view?usp=sharing

venres, 20 de marzo de 2020

E CHEGOU A PRIMAVERA!!!

Ola familias e nenxs!!!! 

     Espero que levedes estes días o mellor que poidades, que faledes moito, que aproveitedes para compartir esos momentos que ás veces a vida, co seu estrés diario, non nos pon tan fácil e que intentedes sen pacientes con toda situación que non é facil para ninguén. 

     E, aínda que nós seguimos nas casas, sen poder saír, fóra a vida sigue e continúa o seu curso... e hoxe empeza a PRIMAVERA. Aproveitade para falar cos nenxs estes días sobre esta bonita estación, se ven algo distinto pola ventá... e animalos, pronto poderemos saír a disfrutar dela. Moito ánimo para todxs e unha aperta forte. 

    Aquí vos deixamos algunhas ideas... e sobre todo, debuxar, darlle renda solta a vosa imaxinación, agora que non podemos saír, hai que entrala máis que nunca.
    E fixádevos... cales son as letras da PRIMAVERA? Cantas ten? Escribídeas, compoñelas con tapóns, facédeas con palillos... todo é valido para aprender xogando e agora aprendemos xogando na casa. 

                                                                        Moito ánimo!!!! 







mércores, 18 de marzo de 2020

U N POUCO DE ARTE E A CREAR!

Ola familias e nenxs!!!!!

   Espero que vaiades adaptándovos pouco a pouco a esta situación tan excepcional. Botamos moito de menos as vosas risas, as aulas cheas, as sonrisas pola mañá... pero xuntos podemos facer que esto acabe o antes posible para poder volver a vernos. Mentras tanto, aquí vos deixamos algunhas ideas para crear. Cun pouco de arte todo se leva mellor.



https://drive.google.com/file/d/1_NX2PZuN4OYAUI3SONxGJJegb5HZHXkA/view?usp=sharing


Unha aperta enorme das vosas profes
 Clara, Cris e María. 
Desexando volver a vervos. 



E aquí vos deixamos recursos para practicar inglés da man da profe Olga.   




https://drive.google.com/file/d/1fSOD3BDmX0SVLPUNb0N_MabIWrcqlycO/view?usp=sharing


martes, 17 de marzo de 2020

PLASTILINA CASERA. A DIVERTIRSE!!!!

E por que non aproveitar estes días para expermentar??? Propoñémosvos que fagades cos nenxs PLASTILINA CASERA. É moi fácil e eles vanno a pasar pipa seguro!!! Despois podedes xogar a facer cousas con ela e sobre todo, estades a compartir un tempo marabilloso en familia

                                                                      Moito ánimo
                                                   
                                                         #undiamenos #xuntospodemos



Biquiños de todo o equipo para eses nenxs que tan ben o estan a facer e tanto nos están a desmostrar. 

PROPOSTAS DE LECTOESCRITURA

Ola familias!!!

Espero que levedes este tempo de encerro o mellor que poidades. Moito ánimo. Esta situación está sendo rara pero non olvidedes que #xuntospodemos.

Dende o Equipo de Educación Infantil queremos deixarvos algúns exemplos de cousas que podedes facer na casa para traballar cos peques a lectoescritura. Recordade que o mellor sempre é aprender xogando. E como sempre hai que sacarlle a parte positiva a todo na vida, disfrutade do tempo en familia e arriba!!!!! Xa sabedes que #todovaasalirbien

                                                             

https://drive.google.com/file/d/1AjdauOo6EVH3VJVOx2gAUKg_KIBrnieu/view?usp=sharing


                                                             Unha aperta moi grande.

#EUQUEDONACASA - CALENDARIO MARZO COVID- 19


Pronto saíremos desta, estádelo a facer xenial, ide marcando cunha casa os días que temos que estar vivindo esta situación porque cando saiamos, vamos a celebralo por todo o alto. PROMETIDO!!! Podedes facelo neste modelo ou nalgún outro calendario que teñades pola casa. Son días raros, pero #xuntospodemos.

https://drive.google.com/file/d/1SiRi-5wKaUHWO5GFhb9Xy4I0JkqWQx9L/view?usp=sharing

                                                               Ánimo familias.

                                                            #yomequedoencasa

                                                             Unha aperta grande.