Páxina

luns, 13 de novembro de 2017

Actividades SAMAÍN


Ola familias!

O alumnado de 6º de Infantil quere ensinarvos as actividades que máis lles gustaron do Samaín.

En primeiro lugar, como non, están os nosos robots. En este caso, tocoulle a quenda á robot Bruna que paseou por un cemiterio. Situándoa na entrada, cada nena e neno elixía un percorrido até chegar a personaxes coma pantasmas, vampiros, bruxas,... 






A segunda actividade favorita foi a visita á nosa biblioteca para contar a escuras (só cunha pequena lanterna) unha historia de medo. A historia foi inventada polos nenos e nenas a partir dun libro coma este:








Aproveitando a escuridade e a luz da lanterna xogamos un pouco coa sombras...





E a última actividade escollida foi a creación dun móbil con algunha das personaxes "míticas" do Samaín.




Saúdos!


xoves, 9 de novembro de 2017

No mes de Outubro cumpriron...

Ola familias!

No mes de outubro os compañeiros/as que cumpriron anos foron Hugo Alonso, Gael e Óscar da clase de 5º de E.I., e Ainoa da clase de 6º de E.I.

Para a celebración de ditos aniversarios, nesta ocasión e coincidindo coa festividade do Samaín, levamos a cabo un obradoiro no que elaboramos dúas receitas terroríficas: por un lado unhas tumbas con pan de molde e crema de cacao, cuxa preparación correu ao cargo dos nenos/as da clase de 5 anos; e por outro lado uns fantasmas con plátanos e pebidas de chocolate, que foron preparados polos nenos/as da clase de 4 anos.  Por outra parte, os nenos/as de 3 anos foron os responsables de decorar os vasos para unha “pócema máxica” que as mestras tiñan preparada (zume de granada e uva) que debido á súa cor vermella causou moita expectación entre os máis pequenos/as.

Como de costume, unha vez rematadas as receitas saímos ao patio para cantarlles o “Cumpleaños Feliz” aos compañeiros/as, e de seguido comezamos coa degustación das receitas elaboradas.

Aquí podedes ver algunhas fotos:






















Saúdos!!

xoves, 2 de novembro de 2017

Xoves CONTACONTOS

Ola familias!

Hoxe arrancamos cos "xoves CONTACONTOS". Durante todo o curso, o alumnado de 6º de Primaria (previa preparación) sorprenderannos cada xoves, na hora de ler, con contos en galego.

Mirade como nos gusta:









Saúdos

Halloween!

Ola familias!

O martes tivemos un taller de maquillaxe. As nenas e os nenos de 5º e de 6º de Primaria deseñaron uns maquillaxes para pintar ao resto do alumnado.

Aquí deixamos algunhas fotos:
























O seguinte enlance pertence á páxina web do cole onde tamén podedes ver máis fotos sobre a actividade así como as fotos de todo o cole:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandreboveda/node/547


E isto non é todo, continuará...

Saúdos