domingo, 24 de marzo de 2019
POESÍA 6º
CON MOTIVO DO DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO, OS ALUMNO/AS DE 6º BAIXARON
ÁS AULAS DE INFANTIL A RECITARNOS UN POEMA.
martes, 12 de marzo de 2019
DEMOSTRACIÓN DE BOCCIA E SLALOM
OLA FAMILIAS,
ESTE LUNS, 11 DE MARZO, TIVEMOS A VISITA DALGÚNS DOS
MEMBROS DE APAMP (asociación de familias de personas con parálise cerebral).
OS NOSOS NENOS GOZARON DOS XOGOS E DA COMPAÑÍA DOS DEPORTISTAS.
MOITAS GRAZAS
Equipo APAMP
Xogando a Boccia
Ana explicounos como se xoga o Slalom a través dunha grabación de voz
luns, 2 de xullo de 2018
AXUDAS MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL
Estimadas familias,
Aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros e material para o ciclo de educación infantil.
LIGAZÓN Á PÁXINA DO CONCELLO DE REDONDELA:
Un saúdo
martes, 26 de xuño de 2018
Xornada de Convivencia fin de curso
Ola de novo familias!
O xoves 21 de
xuño demos por rematado o curso, e a modo de despedida, como xa é tradición
dende os últimos anos, no colexio organizamos unha xornada de convivencia para
toda a comunidade educativa.
Así pois, as 9.15
h deron comezo os 4 obradoiros polos que íamos rotando e que estaban
organizados polo alumnado de 6º de Primaria.
Ditos obradoiros
eran os seguintes:
Ecopercusión: no
cal os nenos/as de 6º nos repartiron a cada un unha garrafa de auga baleira e
nos ensinaban a tocar diferentes ritmos.
A maxia dos
contos: no que os alumnos/as de 6º dramatizaron o conto do “Coelliño Branco”, e
logo levaron a cabo algún que outro truco de maxia.
Crearte: no que
tivemos que debuxar unha flor sobre papel corrido, e nos seus pétalos escribir as
respostas a preguntas que nos facían.
Xogos populares: no
que nos tiñan preparados dous xogos, un de derribar latas cunhas pelotas; e
outro de relevos con auga.
Unha vez
finalizados ditos obradoiros, fixemos un pequeno parón para merendar e repoñer
forzas.
Seguidamente tivo
lugar o acto de despedida do alumnado de 6º de primaria, no que nos dedicaron
un texto a modo de despedida, os seus respectivos titores fixéronlle a entrega das orlas e despois disto, sorprendéronnos
cunha Batukada que tiñan preparada.
Por último, todos
xuntos gozamos dun concerto a cargo de Susa Herrera, no que bailamos e cantamos
moito.
Sen máis, toca despedirnos ata o curso que vén, pero non sen antes agradecervos toda a vosa implicación e colaboración ao longo deste ano. Esperamos que pasedes unhas moi boas vacacións e que gocedes moito en familia do verán.
Saúdos! e Vémonos á volta!
Aniversarios Xullo e Agosto
Ola familias!
O mércores 20 de
abril dedicámolo á celebración dos aniversarios dos nenos/as que cumpren
durante os meses nos que estamos de vacacións, e que polo tanto non poderíamos
celebrar todos xuntos/as.
Así pois, da
clase dos Mamuts, tocoulles soprar as velas a: Borja, Irina, Bruno, Nerea, Darío,
Noa, e Gabriel.
Na clase das
Cacharelas a: Aitana e a Bruno.
E na clase dos
Mutantes a: David, Zoe, Dani, Sabela, Bruno, e Íker.
Nesta ocasión non
levamos a cabo o tradicional obradoiro de cociña, posto que as mestras tiñan
preparada unha rica merendola con diferentes cousas que nos encantan:
gusanitos, patacas fritas, sándwichs de nocilla, palomitas…
Como podedes observar, pasámolo xenial!
luns, 11 de xuño de 2018
ANIVERSARIOS MAIO
O PASADO MES DE MAIO, NA CLASE DAS CACHARELAS, CUMPRIRON 5 ANOS:
SARA
HUGO ORDÓÑEZ
NOA
HUGO RODRÍGUEZ
NA CLASE DOS MUTANTES, CUMPRIU 6 ANOS:
BREIXO
O MENÚ DESTE MES FOI : ¡¡¡PIZZAAA!!!
DESPOIS CORTAMOS ANAQUIÑOS DE XAMÓN
E POR ÚLTIMO BOTÁMOSLLE O QUEIXO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









































