Páxina

martes, 26 de xuño de 2018

Xornada de Convivencia fin de curso


Ola de novo familias!

O xoves 21 de xuño demos por rematado o curso, e a modo de despedida, como xa é tradición dende os últimos anos, no colexio organizamos unha xornada de convivencia para toda a comunidade educativa.
Así pois, as 9.15 h deron comezo os 4 obradoiros polos que íamos rotando e que estaban organizados polo alumnado de 6º de Primaria.

Ditos obradoiros eran os seguintes:

Ecopercusión: no cal os nenos/as de 6º nos repartiron a cada un unha garrafa de auga baleira e nos ensinaban a tocar diferentes ritmos.



A maxia dos contos: no que os alumnos/as de 6º dramatizaron o conto do “Coelliño Branco”, e logo levaron a cabo algún que outro truco de maxia.


Crearte: no que tivemos que debuxar unha flor sobre papel corrido, e nos seus pétalos escribir as respostas a preguntas que nos facían.



Xogos populares: no que nos tiñan preparados dous xogos, un de derribar latas cunhas pelotas; e outro de relevos con auga.





Unha vez finalizados ditos obradoiros, fixemos un pequeno parón para merendar e repoñer forzas.
Seguidamente tivo lugar o acto de despedida do alumnado de 6º de primaria, no que nos dedicaron un texto a modo de despedida, os seus respectivos titores fixéronlle a entrega das orlas e despois disto, sorprendéronnos cunha Batukada que tiñan preparada.


Por último, todos xuntos gozamos dun concerto a cargo de Susa Herrera, no que bailamos e cantamos moito.




Sen máis, toca despedirnos ata o curso que vén,  pero non sen antes agradecervos toda a vosa implicación e colaboración ao longo deste ano. Esperamos que pasedes unhas moi boas vacacións e que gocedes moito en familia do verán.

Saúdos!  e Vémonos á volta! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario