Páxina

luns, 7 de novembro de 2016

Festival de Outono. Así celebramos o Samaín e o Magosto



Ola familias! Nesta entrada veredes como de ben o pasamos no Festival de Outono. O Equipo de Actividades Complementarias tivo a gran idea de celebrar estas conmemoración cun xogo que implicase a todo o centro. Así, os/as máis pequenos/as da escola xuntámonos con grupos máis maiores para favorecer os vínculos e a convivencia entre as diferentes aulas. Foi moi emocionante xogar cos maiores! O xogo consistía en cinco probas cooperativas grazas as cales, despois de superalas, nos daban unha peza dun crebacabezas misterioso. As probas celebrábanse en diferentes sitios do colexio, polo que nos permitiu coñecer lugares que non sabiamos que existían!
De seguido tendes dous vídeos similares: pinchando en "Festival de Outono", un de maior calidade pero que igual vai máis lento, e a continuación, un de peor calidade pero que carga máis facilmente.



E despois de pasar as probas e ter as 5 pezas, montamos o crebacabezas e apareceu,,, unha película con casa encantada incluída! Pero... como se chamaba? Tiñamos as letras que formaban a película e grazas a colaboración dos maiores puidemos facer o seu título.
Para rematar, xuntámonos todos os grupos na aula de música que estaba terrorífica e amosamos todos os crebacabezas e os demais intentaron adiviñar os títulos das pelis. Foi incrible!
















Pero o día non acabou aquí! Despois tocou tempo de Magosto. Cada aula co seu cucurucho preparouse para saborear as ricas castañas que se ocuparon de asar dende a ANPA. Grazas! Estaban deliciosas. E, como non, cantamos todos/as xuntos/as a canción que nos ensinou a nosa mestra de música, Ángela. Podedes ver o vídeo do baile pinchando en "Magosto".



























Por último deixámosvos imaxes de toda a decoración que, grazas á vosa participación, quedou terrorificamente ben.

































Por certo, o sorteo das cabazas farase en breve! Realizarémolo no primeiro programa de radio deste curso escolar. Que nervios!

domingo, 6 de novembro de 2016

La niña que sabía caminar al revés


Boas familias!!

Fai uns días tivemos no cole o PLANETARIO MÓBIL da Obra social "la Caixa". Por quendas, cada clase tivo a oportunidade de visitalo no ximnasio. Para entrar nel, a mestra Estrella levantábao e os nenos/as e titora entraban correndo. Xa dentro, tumbados, vimos e escoitamos o conto titulado "La niña que sabía caminar al revés".

Aquí vos deixamos algunhas fotos:
































Perdoade a calidade das fotos pero, ao estar escuro, non saían mellor.

Saúdos

venres, 4 de novembro de 2016

A CARACOLA TOLA xa está de volta!


Boas!

Hoxe, as nenas e os nenos estrearon as mochilas da CARACOLA TOLA. Fumos á biblio e cada neno/a colleu o libro que quixo. Ese libro pasará a fin de semana con vós e será devolto o luns, "lido", para facer unha pequena actividade. Esta dinámica repetirase todas as semanas co gallo de que os nenos e as nenas "lean" a maior cantidade de libros da biblioteca do seu cole.

Para que entendades un pouco máis... Cada libro da biblio (zona de infantil) está rexistrado cunha estrela amarela que contén un número. Cada libro ten o seu sitio marcado cunha fotocopia da portada. Os nenos e as nenas, despois de botarlles unha ollada, collen o libro que queren e no seu lugar deixan o seu CARNÉ DA BIBLIOTECA. Este carné contén, na parte traseira, unha táboa con todos os números dos libros que hai na biblio. Cando escollen un libro, téñense que fixar no número que aparece na estrela, procuralo no carné e pegarlle por riba unha pegatina. Desta maneira, levamos todos e todas un bo control dos libros vistos/lidos.

Aínda que hoxe fumos a coller os libros da CARACOLA TOLA, a semana pasada xa estivemos na biblio lendo uns contos. Coma os nenos e as nenas de 3 anos non coñecían a biblio, a CARACOLA TOLA deixoulles unhas frechas azuis no chan marcando o camiño dende o noso edifico até a biblio!

Aquí unhas fotos da semana pasada:






















Saúdos

luns, 17 de outubro de 2016

Cousas da escola


Boas de novo!

Subimos tamén o minifolleto que vos demos na reunión por se se perdera, mollara,...



Saúdos

Merendas

Boas!!!!

Hoxe colgamos no blog o calendario de merendas que aconsellamos seguir xa que AXUSTA O TEMPO DA MERENDA entre os nenos e as nenas e EVITA caer no abuso de doces envasados cheos de azucre, grasas innecesarias,...


Ademais, aproveitando a ocasión, queremos recordar que o feito de que o venres sexa libre non debe supoñer que os nenos/as, TODOS OS VENRES, merenden larpeiradas... e se probamos, por exemplo, cos froitos secos?

Por outra banda, sería de moito interese que as merendas foran preparadas coa axuda dos nenos/as, falando do que lles gusta, do que teñen que levar segundo o día,... así os nenos/as gozan dun tempo de calidade coas súas familias e, no cole, evitamos os "esto no me gusta"...

E xa para rematar esta entrada recordamos A IMPORTANCIA DO ALMORZO antes de vir o cole. Cómpre almorzar todos os días para conseguir un óptimo rendemento físico e intelectual, para mellorar a capacidade de atención e para estar máis forte.

O almorzo debe compoñerse de, alomenos, 4 destes grupos de alimentos:
- Hidratos de carbono e fibra: pan, cereais, mel, marmelada, cacao,...
- Lácteos: queixo, leite, iogures,...
- Froita: zume (naturais), batidos, macedonia,...
- Proteínas: ovo, fiambre,...
- Aceite e grasas: mantequilla e aceite de oliva.

Recordade que todo o que vos dicimos é polo ben das vosas fillas e fillos!
Saúdos


xoves, 13 de outubro de 2016

Benvida de 6º


Os alumnos e alumnas da clase de 6º curso (que temos nova titora, MÓNICA!!!) tamén nos sacamos unhas fotos os primeiros día de cole con accesorios que nos deixou Ángela:










Saúdos