Páxina

luns, 17 de outubro de 2016

Merendas

Boas!!!!

Hoxe colgamos no blog o calendario de merendas que aconsellamos seguir xa que AXUSTA O TEMPO DA MERENDA entre os nenos e as nenas e EVITA caer no abuso de doces envasados cheos de azucre, grasas innecesarias,...


Ademais, aproveitando a ocasión, queremos recordar que o feito de que o venres sexa libre non debe supoñer que os nenos/as, TODOS OS VENRES, merenden larpeiradas... e se probamos, por exemplo, cos froitos secos?

Por outra banda, sería de moito interese que as merendas foran preparadas coa axuda dos nenos/as, falando do que lles gusta, do que teñen que levar segundo o día,... así os nenos/as gozan dun tempo de calidade coas súas familias e, no cole, evitamos os "esto no me gusta"...

E xa para rematar esta entrada recordamos A IMPORTANCIA DO ALMORZO antes de vir o cole. Cómpre almorzar todos os días para conseguir un óptimo rendemento físico e intelectual, para mellorar a capacidade de atención e para estar máis forte.

O almorzo debe compoñerse de, alomenos, 4 destes grupos de alimentos:
- Hidratos de carbono e fibra: pan, cereais, mel, marmelada, cacao,...
- Lácteos: queixo, leite, iogures,...
- Froita: zume (naturais), batidos, macedonia,...
- Proteínas: ovo, fiambre,...
- Aceite e grasas: mantequilla e aceite de oliva.

Recordade que todo o que vos dicimos é polo ben das vosas fillas e fillos!
Saúdos


Ningún comentario:

Publicar un comentario