Páxina

martes, 1 de maio de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)

Queridas familias,


Nesta entrada queremos compartir convosco o último día de CONTACONTOS na aula de 3 anos. Nesta ocasión visitounos María, mamá do noso compañeiro Bruno.


María e Bruno tiñan preparada para nós unha asombrosa historia sobre un monstro chamado Camuñas. Pero Camuñas non era un monstro normal, senon que era un monstro bastante atípico, que a pesar do seu horrible aspecto non foi capaz de asustar á súa vítima: a pequena e intelixente Branca.


Branca, pese a súa curta idade, conseguiu darlle a volta a unha situación, aparentemente, tráxica, e cun final digno de historia de medo.




E foi así como Camuñas, aquel monstro que non se cortaba as uñas e cuxa única intención era comerse a Branca, converteuse nun dos seus mellores amigos.

Pero María e Bruno, ademais de sorprendernos con esta monstruosa historia, quixeron regalarnos o conto de Camuñas para a nosa biblioteca de aula, e así poder gozar e divertirnos coas súas aventuras sempre que queiramos.


Moitas grazas María, polo conto, polo teu tempo e colaboración, e por axudarnos a descubrir que non sempre son certas as primeiras impresións.
Esperamos que gozases tanto da visita como nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario