Páxina

martes, 1 de maio de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)

Ola de novo a todos e a todas,

Nesta entrada queremos compartir convosco outro día máis de CONTACONTOS na aula de 3 anos.
Nesta ocasión veu visitarnos Tomás, tío do noso compañeiro Darío.



Tomás e Darío compartiron connosco unha historia moi especial sobre o Trasgo da Fantasía. Este trasgo non é un trasgo calquera xa que, coa súa maxia, axuda a aquelas persoas que non saben contar contos, como é o caso do papá de Jaime, protagonista da nosa historia.



Grazas ao Trasgo da Fantasía, Jaime e o seu papá viaxaron ao País de Sempre Volverás, lugar onde viven os protagonistas de todos os contos. Neste afastado e máxico País viviron miles de aventuras da man do gato con botas, os tres porquiños, Willy Fog, a Bela e a Besta, Caperucita, os músicos de Bremen, Blancaneves e os sete ananos, Hansel e Gretel, Aladín, Campanilla, Peter Pan e mesmo coñeceron a David o Gnomo.



Grazas ao Trasgo da Fantasía, o papá de Jaime coñecera as historias dunha chea de protagonistas de contos, historias que compartía con Jaime cada noite, antes de ir durmir.

Moitas grazas Tomás pola túa colaboración e tempo, e por achegarnos a maxia dos contos.
Esperamos que gozases tanto da visita como nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario