Páxina

domingo, 18 de febreiro de 2018

REVOLUCIÓNS NATURAIS (4º EI)

Queridas familias,

Como sabedes, neste segundo trimestre deixamos atrás a prehistoria para aprender cousas sobre as REVOLUCIÓNS NATURAIS.

Na aula de 3 anos contamos coa gran axuda de Wangari Maathai, coñecida como a MULLER ÁRBORE, que nos acompaña e guía nas nosas investigacións sobre as sementes, a súa xerminación e crecemento, os seus coidados... Pero, ademais da axuda de Wangari, tamén temos que agradecervos a vós, as familias, a colaboración.

Nesta entrada queremos compartir convosco os primeiros materiais que chegaron á nosa aula e que forman parte xa do noso recuncho do proxecto, que aos poucos imos creando.



Desirée e Borja, coa axuda da súa familia, fixeron unha reprodución da aldea natal de Wangari, xunto ao monte Kenia (África). Nela pódese observar a Wangari, xunto a outras mulleres, plantando e coidando as árbores que posteriormente serían o inicio do seu gran CINTO VERDE.





Doutra banda, Julia e a súa familia realizaron un mural sobre unha cartolina verde, a cor máis representativa do movemento promovido por Wangari. Nel reflectiron algúns dos aspectos máis representativos da vida da nosa Muller Árbore: a súa preocupación polo benestar da súa aldea natal e da xente que a habitaba, a súa loita contra a deforestación e a súa preocupación polo planeta, o seu movemento do CINTO VERDE e as súas árbores da paz.


Que gran traballo!

Moitas grazas a Desirée, Borja, Julia e ás súas familias pola colaboración e axuda.

1 comentario:

  1. Cuanta creatividad!! Nuestros niños sin duda son muy afortunados!!!

    ResponderEliminar