Páxina

domingo, 18 de febreiro de 2018

CONTACONTOS FAMILIAS (4º EI)


Ola de novo a todos e a todas,

O pasado venres, 16 de febreiro, comezaron na aula de 3 anos os CONTACONTOS a cargo das familias. A primeira en visitarnos foi Miriam, a mamá do noso compañeiro Gabriel.




Aínda que hai moitos contos que a Miriam e a Gabriel gústanlles, finalmente decidiron compartir connosco unha das súas historias favoritas: a de Elmer.





Elmer é un elefante diferente, distinto a todos os demais, é un elefante multicor que nos anima a VALORAR, CELEBRAR E RESPECTAR AS DIFERENZAS. Que emocionados estabamos! Sen dúbida, a de Elmer é xa unha das nosas historias preferidas tamén.



Pero iso non é todo. Miriam e Gabriel tiñan outra sorpresa preparada!
Non viñan sós, Elmer acompañábaos.




Grazas a Miriam e a Gabriel, que gardaran dentro dun pequeno bote unas cantas pingas de choiva, conseguimos que chovese dentro da nosa clase e, entre todos, puidemos devolverlle a Elmer todas as súas cores.

Nós, todos e todas, do mesmo xeito que Elmer, tamén somos multicor, e son todas esas cores as que nos fan DIFERENTES, ESPECIAIS e, sobre todo, ÚNICOS.

Moitas grazas Miriam pola túa colaboración e o teu tempo, e por compartir connosco unha historia cunha mensaxe tan bonita e especial.
Esperamos que gozases tanto da visita como nós.




2 comentarios:

  1. Precioso trabajo! Gracias por aportar tantas cosas buenas a nuestros pequeños.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a vosotros por la oportunidad lo disfrute un monton y sobre todo a esa dos profes Raqueles como dice mi hijo, que no pueden ser mejores. Y como no a esos peques tan diferentes y especiales y sobre todo unicos "muchas gracias"

    ResponderEliminar