Queridas familias,
Esperamos que gozásedes moito das
vacacións. Xa estamos de volta, coas pilas cargadas e enerxías renovadas para
dar comezo ao segundo trimestre do curso. E vaia comezo!
Como sabedes, antes
de irnos de vacacións tivemos unha visita moi especial: o Paxe Real e os Reis
Magos viñeron ao noso cole. Ese día, os nenos e nenas de cada clase,
entregámoslles unha carta, á espera de que algún dos nosos desexos fixérase
realidade.
E fixéronse!
Que ilusión máis
grande cando, ao chegar ao cole, atopámonos con isto:
Sen dúbida, os Reis Magos sabían que os nenos e nenas de 3 anos desfrutamos moito o primeiro trimestre xogando coas letras e os números, por iso trouxéronnos algúns xogos para seguir experimentando con eles este segundo trimestre. Ademais, tamén recibimos uns dados para inventar historias, un set de pinzas e un novo maletín de médicos, ao que damos moitísimo uso.
Na aula de 4 anos, os Reis Magos deixáronnos de agasallo uns zapatos flamencos. Que sorte! Nótase que nos coñecen moi ben xa que son un dos nosos complementos favoritos no noso recuncho de xogo simbólico.
Olé!
Aos nenos e nenas de 5 anos encántanos experimentar con novas texturas e materiais. Por iso os Reis Magos sorprendéronnos con dous agasallos moi especiais: area kinética e plastilina intelixente.
Que ilusión!
Pero iso non é todo. Aínda nos quedaban máis sorpresas por descubrir, xa que os Reis deixáronnos, ademais, unha chea de materiais para compartir entre as 3 aulas.
Moitas grazas Reis Magos e ata o próximo ano!
E a vós, familias, un saúdo e vémonos pronto con máis novidades.
Vaya Reyes más buenos!!!Diversión garantizada!!
ResponderEliminarQue regalos máis chulos, Nótase que foron bos!! :D
ResponderEliminar