O xoves, coma se trataba do último día de cole, decidimos abrir as portas das tres clases e que cada neno e nena elixise onde e con quen xogar:
Despois deste ratiño, o alumnado de 5 anos foi polas clases de 4º, 6ºA e 6ºB de Primaria cantando unha canción que levaban preparando na clase de Música. Fixéronno tan ben que as tres clases agasalláronos co aguinaldo. Pola contra, ao alumnado de 3 e 4 anos visitáronos nenos e nenas de Primaria e foron os mamuts e as cacharelas os encargados de agasallar co aguinaldo.
A continuación, tivemos a degustación de produtos típicos de Nadal que cada familia aportou e, por último, fomos ata a aula de Música onde tivo lugar un fermosísimo concerto levado a cabo por alumando de Primaria e acabamos cunha pequena sorpresa de parte de todo o profesorado!
Felices Festas!
Saúdos
Ningún comentario:
Publicar un comentario