Aproveintando o seu 12º aniversario e que estivemos a traballar sobre o DÍA DO LIBRO (23 de abril), este venres pasado fixemos unha visita á biblioteca de Chapela, moi coñecida por algúns nenos e nenas!
Nela, María José ensinounos un montón de libros relacionados co noso proxecto sobre a arquitectura. Logo, contounos un par de contos e, para finalizar, fixemos un mural con diferentes tipos de casas.
Fixemos dous grupos, equipo amarelo e equipo verde, e mentres un equipo estaba dentro da biblioteca, o outro xogou no parque tan chulo que ten ao seu carón (e logo cambiamos).
Aquí vos deixamos algunhas fotos:
*Grazas a unha mamá, tamén soubemos que nos fixeron un pequeno video desde a biblioteca:
Blog da bibilioteca: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/
Saúdos
Superchulas as fotos, ´fixestedes unha actividade preciosa!
ResponderEliminarMoitas grazas, a verdade é que estivo xenial!
EliminarQue saída máis chula!Pasámolo en grande. Moitas grazas a María José que estivo tan atenta dende que comezamos a planificar a visita.
ResponderEliminar