Nas aulas de Educación Infantil estámonos facendo expertos en poesía. E é que a poesía é unha linguaxe de expresión que lles encanta, coa que se sinten cómodos e que lles resulta moi motivadora. Comezaron coñecendo a poesía "A abella", que di así:
"ZUM, ZUM, ZUM",
A ABELLA FAI AO VOAR
ZUM, ZUM, ZUM,
E NA FLOR VAISE POUSAR.
"ZUM, ZUM, ZUM",
OI!, QUE PASARA?
ZUM, ZUM, ZUM,
QUE O POLE LEVARÁ.
"ZUM, ZUM, ZUM"
NA COLMEA ENTRARÁ
ZUM, ZUM, ZUM,
E A MEL FABRICARÁ.
Este é o resultado do seu traballo:
4º de Educación Infantil
6º Educación Infantil
Ningún comentario:
Publicar un comentario