Páxina

luns, 25 de decembro de 2017

Visita sorpresa!!

Ola familias!

O mércores antes das vacacións de Nadal tiñamos prevista a visita do Paxe Real pero, para sorpresa nosa, tamén viñeron os Reis Magos! (agás Baltasar que, segundo nos dixeron, estaba noutro cole). Tivemos a oportunidade de entregarlles as cartas de cada clase e a nena ou neno que quixo puido falar con eles. Deben saber que nos portamos moi ben porque nos encheron os bolsillos de caramelos!!















Saúdos

No mes de decembro estivo de aniversario...

Ola familias!

Neste mes celebramos o aniversario de Julia (3 anos). Como se trataba do último do trimestre, decidiron repetir lambonada: boliñas de galleta e chocolate.
Nesta ocasión, empezamos o obradoiro o alumnado de 3 e 5 anos. Fixemos parellas (unha nenoa/o de 3 anos e un neno/a de 5) co gallo de que o alumnado das dúas clases interactuasen. Deseguido, continuaron coa elaboración das boliñas a clase de 4 e 5 anos e remataron, decorando, o alumnado de 3 e 4 anos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos:





























Despois de rematar o obradoiro, cantámoslle a Julia e probamos as boliñas. A degustación tivo lugar na aula dos Mutantes porque estabamos máis quentiños!







Moitas felicidades Julia!!!!!



Saúdos