A CLASE DE CATRO ANOS A TRANSFORMARASE NO CENTRO DE INVESTIGACIÓN OS/AS EDISON, SEGURO QUE XA SABES CAL É O SEU INVENTO, PERO PARA APRENDER MÁIS PREME NA IMAXE:
Ola a todos: A clase dos Prado, en psicomotricidade, estivemos a aprender a xogar ao baloncesto. A profesora explicounos que o primeiro que había que facer era aprender a botar a pelota. Estivemos a practicar moito e xa nos sae (máis ou menos).
Como as canastras estaban tan altas para nós, ocorréusenos poñer unhas rodas enriba doutras e practicar encestando nelas. Foi moi divertido. Mirade o vídeo.
Vos acordades que plantáramos os tomates de tres maneiras diferentes porque non sabiamos como facelo?
Pois ao final resultou que daba igual plantar un tomate enteiro ou unha metade para abaixo ou para arriba, porque nos tres saíron plantas (aínda que as do tomate enteiro tardaron máis).