Páxina

domingo, 29 de abril de 2018

Día do Libro

Queridas familias,

O luns desta semana celebramos o Día do Libro dun xeito diferente! Aproveitando que este ano adquirimos varias tablets, os/as mestres do equipo Tics do cole propuxeron celebrar este día a través da realidade aumentada (RA). Para esta actividade necesitabamos libros "especiais" (dos planetas, dinosaurios, ...). Cunha app, ao enfocar as tablets cara os libros, as personaxes dos mesmos adquirían volumen, engadían sons, movementos,... incluso podiamos guiar as personaxes pola clase!

Mirade mirade:














E isto só é o inicio coa RA...

Saúdos!

sábado, 21 de abril de 2018

Contacontos familias MUTANTES!

Boas familias!

Os contacontos das familias chegaron ao seu fin na clase dos Mutantes (ooohhh...).
Neste mes de abril tivemos a sorte de ter connosco a familia de Ainoa, con teatro e todo!, a familia de Darío, coa que aprendemos moitísimas cousas sobre os dentes, como coidalos, lavalos,... e a familia de Ainara con información sobre o Sistema Solar (incluso... con planetas comestibles!!). Grazas Laura, Ángela e Silvia!







             


Agora que a ronda de contacontos rematou, animádevos a propor outras actividades para pasar tempo connosco!
Unha aperta

mércores, 18 de abril de 2018

Visita ao noso cole!

Boas familias!

Hoxe tivemos unha visita. Algúns usuarios/as do Centro de día de Redondela viñeron a compartir con nós unha xornada na que, ademais de ensinarnos algúns xoguetes que tiñan eles/elas de pequenos/as, tamén nos ensinaron a facer pelotas con medias e follas de xornal e pequenos avións con pinzas da roupa e paus. Estes usuarios e usuarias viñeron acompañados de dúas rapazas que os coidaban e a nós nos axudaban a facer as pelotas e os avións. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos. Coma vedes, aproveitamos a ocasión para que o alumnado das tres clases tivese a oportunida de convivir entre elas/eles. 























 Unha aperta

Artelixo!!!

Ola familias!
Recordade que está exposto no Paseo Cardona a marabillosa obra que fixo o alumnado de infantil para participar no Artelixo. Alí podedes ler a xustificacción do noso traballo así como as obras que fixeron os nosos/as compis de 2º, 4º e 6º de Primaria. Animádevos!


Apertas

martes, 10 de abril de 2018

De interese!

Queridas familias,
Dentro de pouco terá lugar en Chapela un acontecemento que nos parece interesante destacar. Aquí vos deixamos o cartel:



Actualmente só o 15% das escolas rurais de Níger teñen auga potable. Neste curso entre todos queremos conseguir que as nosas gotas leven auga a 50 escolas máis. As carreiras/eventos de gotas son unha actividade deportivo-festiva que permite aos centros educativos unir a alumnado, docentes e familias no logro dun obxectivo común: mellorar a supervivencia infantil en Níger, a través de mellora do acceso a auga, hixiene e saneamento da poboación.

Na seguinte ligazón tedes máis información sobre a Campañahttps://www.unicef.es/educa/gotas-para-niger

A saber: 

Como o día 22 é día da Terra, as merendas que lles darán aos nenos e nenas  irán en bolsas de papel para no utilizar plástico e ter un menor impacto no medio ambiente. Os tapóns das botellas de agua serán doados ao banco de tapóns e reciclaranse esas botellas. E se sobre comida donorase a algunha asociación ou ao banco de alimentos. 

En canto a UNICEF, proporciona as dorsais e unhas pulseiras de tea azul, que se lles entregarán aos nenos e nenas o día do evento. 

E haberá unha hucha poder recaudar ese euro voluntario ou o que cada niño/a poida aportar, será a "gota solidaria". 

Animádevos a participar! 

Psss pssss.... segundo nos comentaron haberá unhas cantas sorpresas....

Apertas! 

domingo, 8 de abril de 2018

CONTACONTOS

OLA FAMILIAS

NA CLASE DE 4 ANOS  XA REMATAMOS AS VISITAS  DAS FAMILIAS NA HORA DE LER.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN




sábado, 7 de abril de 2018

Recordade!

Queridas familias!
Lembrade que este luns, día 9, non hai cole.
Apertas