Páxina

sábado, 26 de febreiro de 2011

DE OVEIRA A CARABELA

Os Bacon decidimos transformar unha oveira en carabela. Conseguimos os materiais, nos puxemos a traballar e así o fixemos.

sábado, 19 de febreiro de 2011

@S BELL NO ENCERADO DIXITAL

Unha das primeiras actividades que @s Bell fixeron no encerado dixital foi escribir o seu nome. Cun só dedo ían escribindo e a maxia do encerado facía que apareceran os trazos do nome.

Fixérono estupendamente, mirade...



luns, 14 de febreiro de 2011

UNHA VISITA ESPERADA

A semana pasada, @s Bell recibimos unha visita moi especial. Pablo, o irmán de Joel veu coñecernos na compaña da súa mamá. Que contento estaba Joel ó presentarnos ó seu irmán!!! Ademais, Pablo trouxo todos "os seus complementos" que poidemos usar, tocar, cheirar... Estábamos encantad@s!!! e Anxo non perdía detalle de todo o que falabamos, por que será??

domingo, 13 de febreiro de 2011

AS CARABELAS DE COLÓN

OS GUTENBERG CONSTRUÍMOS UNHAS CARABELAS PARA IR O NOVO MUNDO; COMEZA A VIAXE!!!!!

xoves, 3 de febreiro de 2011

MAKING OF DÍA DA PAZ

Ola amigos lectores. Como ben sabedes o 30 DE XANEIRO é o DÍA DA PAZ. Este ano caeu en domingo polo que tivemos que adiantar a súa celebración ao venres 28. ¡¡¡FOI UN DÍA ESPECIAL!!!. Estivemos traballando no cole dos maiores en diferentes obradoiros e ao rematar xuntámonos todos no patio de abaixo para representar a canción: "DON MELITÓN". Pero ollo, seguro que non é a que todos estades a cantar neste intre. Mirade e observade como se fai!!!.

domingo, 30 de xaneiro de 2011

TRABALLANDO COA CARACOLA TOLA

Tódolos venres a Caracola Tola nos presta os seus libros para que os leamos coa familia. Con estos libros, que nos encantan e lemos unha e outra vez, facemos, posteriormente, na clase, un traballo un tanto complicado, xa que temos que :

luns, 17 de xaneiro de 2011

@S AMIG@S BACON NOS DIVERTIMOS ..

No ximnasio..., tódolos venres pola mañán. Comezamos cuns exercicios de quecemento, continuamos con algo de movemento e unha actividade proposta pola profe, rematando, a sesión, cun pouco de relaxación... por iso de quedar un pouco máis tranquilos.