Páxina

xoves, 18 de febreiro de 2010

OS LOUVRE COÑECEMOS A PICASSO

Sabíades que Pablo Picasso pintou un autorretrato?
Nós fixemos o mesmo.

1º: Puxémonos diante do espello para ver ben a nosa cara e que non se nos escapara ningún detalle.
2º: Mans á obra! Collemos ceras e pintamos os autorretratos.
3º: Finalmente, para poñer os nosos debuxos, fixemos uns bonitos marcos de cartón que pintamos con témperas.

Preciosos, verdade?


mércores, 17 de febreiro de 2010

OS MOMAS CELABRAMOS O ENTROIDO

Os MoMAS nos divertimos no entroido participando nas diferentes actividades desenroladas no centro, así : cumprimos as ordes do meco, preparamos a merenda das comadres, fixemos os disfraces coa axuda das familias e por último, e grazas o bo tempo, saimos a rúa, onde celebraron o entroido con todos os que quixeron.

martes, 16 de febreiro de 2010

XOVES DE COMADRES

ENTRE TANTAS ACTIVIDADES UNHA DAS QUE MAIS NOS GUSTOU FOI O XOVES DE COMADRES, QUE GRANDES COCIÑEIRAS NAS NOSAS FAMILIAS E QUE BEN NOS ENSINARON.
GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS TANTOS DÍAS O LONGO DESTE ENTROIDO.

xoves, 11 de febreiro de 2010

GRACIAS FAMILIAS

Mentres esperamos que chegue o venres para disfrazarnos, non perdemos o tempo!
Estas semanas tivemos moit@s colaboradores e pasámolo moi ben con el@s. Grazas a tod@s!!!

martes, 9 de febreiro de 2010

LEMBRANZAS DOS "LOUVRES"

Xa hai días que a nosa amiga ALBA tivo que deixarnos para volver a súa escola. Deste xeito queremos lembrarnos da súa despedida. VOLTA CANDO QUEIRAS!!!