Páxina

venres, 15 de maio de 2009

As estrelas vermellas imos cada semana á biblioteca da caracola tola e collemos un conto para disfrutalo durante o fin de semana xunto coas nosas familias...

Encántanos esta actividade porque coñecemos novas personaxes e novas aventuras...

Mirade, mirade...

martes, 12 de maio de 2009

MARATÓN

NO ALEXANDRE BOVEDA ESTÁMONOS A ENTRENAR PARA A CARREIRA QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO VENRES COS OUTROS COLES DE CHAPELA EN PROL DA NOSA LINGUA. A MARATÓN TERÁ LUGAR NO COLE DE LAREDO POIS CELEBRAN O SEU ANIVERSARIO. ESTAREMOS POR ALÍ A PARTIR DAS 10:00. ESPERÁMOSVOS!!!!!!!!!

venres, 8 de maio de 2009

AS ESTRELAS BRANCAS E OS VERMES

Aquí estamos as estrelas brancas estudando os vermes. Mira este video e verás que divertido é.

xoves, 7 de maio de 2009

As Nebulosas e os libros da Caracola Tola



Todas as semanas, as Nebulosas traballamos cos libros que collemos os venres na Biblioteca da Caracola Tola.
Gústanos moito ler así que esta actividade é das que máis gozamos. Ademais estamos aprendendo a facer resumes e buscar determinada información nos libros.

martes, 5 de maio de 2009

ADIVIÑAS DA LÚA NOVA


Para participar no proxecto de centro "UN UNIVERSO DE ADIVIÑAS", a LÚA NOVA inventou esta. Se eres quen de adiviñala, preme en comentarios e deixa a solución.

¿QUE LÚA, LUIÑA É...

QUE MEDRA, MEDRA E MEDRA...

"DECRECE", "DECRECE" E "DECRECE"

E DESPOIS... ¡¡¡CHAN, CHA, CHAN...

DESAPARECE?

venres, 1 de maio de 2009

XOGANDO COAS CIENCIAS

Hola a todos!!Somos as estrelas brancas e vermellas, as lúas novas e cheas e as nebulosas...Queredes ver o chachi que foi visitar o laboratorio??Pois aqui estamos!!!

Eu mido...

As estrelas vermellas comparamos a nosa estatura con EV3 e despois debuxámonos...
Aquí podedes ver o resultado... A que somos unhas estreliñas moi aqueladas?