O pasado 24 de febreiro foi o día de Rosalía. Todo o centro desenvolveu varias propostas para celebralo. No ciclo de Educación Infantil, partimos do poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes", coñecendo a seguinte canción que seguro que todos e todas coñeceredes. Agradecementos a /http://anxopictogramas.blogspot.com.es/ por crear este útil recurso.
Buscando nos versos os pictogramas que tiñamos nas tarxetas
Fomos ao cole de Primaria a buscar a Rosalía, a ver quen era capaz de atopala
Puxemos as caroutas de Rosalía
A continuación podedes ver os resultados deste traballo. Atopamos ao alumnado das tres aulas moi motivado por este tema e implicado. A verdade é que todas as mestras quedamos moi sorprendidas do significativo que foi para elas e eles traballar a Rosalía!
Mural de Rosalía, con pictogramas e parte do poema escrito nas espirais que colgan |
Compañeiros de 4º de EI seguindo os pictogramas das escaleiras ao ritmo da música
Ningún comentario:
Publicar un comentario