Está rematando o curso, e para finalizar o noso estudo de Pablo Picasso, os Louvre traballamos o Guernica.
A profesora contounos que Picasso pintou un cadro enorme, sen cor, só en branco e negro. Aquel cadro, testemuño da destrución da cidade de Guernica na guerra, íase chamar precisamente así, GUERNICA.
Os Louvre fixemos un crebacabezas xigante e cada un pintou unha peza. Decidimos facer unha versión máis alegre que a de Picasso.
Mirade, somos uns artistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario