Os Guggemheim estivemos a traballar o noso sentido do ritmo xogando cun instrumento musical: o pandeiro.
Primeiro fixemos unha asemblea e estivemos a falar sobre as nocións temporais "rápido-lento”. Algunhas das nosas conclusións foron: que para ir rápido é mellor ir correndo, e para ir lento é mellor ir andando; e que as tartarugas son lentas e os cabalos poden correr moi rápido, etc...
A continuación a profesora explicounos o xogo: un amigo ou amiga subía a unha cadeira e tocaba o pandeiro, algunhas veces máis lento e outras, máis rápido. Os demais tiñamos que dar un paso por cada golpe de pandeiro. Cando paraban os golpes, tiñamos quedar quietos como estatuas.
Pasámolo estupendo. Mirade o vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario