Páxina

sábado, 24 de abril de 2010

OS PRADO EN PSICOMOTRICIDADE

O outro día no ximnasio a profesora esparexeu aros de distintas cores polo chan, puxo música e explicounos que tiñamos que correr sen pisar os aros. Cando a música paraba, a profesora dicía unha cor, e nós tiñamos que buscar un aro desa cor e meternos dentro del.

Anda, que problema!! Só temos un aro rosa!!!

Despois do xogo, cada un colleu un aro e aprendemos a rodalo. Mirade o vídeo!

1 comentario:

  1. It's a lovely blog with a nice group of children. Sure they feel very proud of it.Congrats!

    ResponderEliminar