Páxina

martes, 26 de maio de 2009

OS DRAGÓNS DA LÚA NOVA

Dragoncio, Dragoncio... canto xogo nos deu. Olla o noso libro "OS DRAGÓNS DA LÚA NOVA" e disfruta coas nosas ilustracións. Tamén convertímonos en escritores de contos. Lee a nosa historia e deixanos o teu comentario.





Érase unha vez un dragón de pedra que vivía no cumio dunha alta montaña. Era un dragan grande e vermello.Nas súas patas, tiña moitos brazaletes con poder do cadrado.
Un día pola estrada que conducía ó templo, o dragón vermello divisou un coche que ascendía lentamente.
Cando aparcou na entrada do templo, baixou del un príncipe, ¡¡si!!, ¡¡si!!, un príncipe un pouco especial, porque este príncipe tiña nas mans unhas grandes luvas de cor marelo.
Entrou no templo e con moito agarimo preguntoulle ó dragón vermello:

- Dragón vermello, Dragón vermello, podo acariciar a túa cola?
- Por suposto que podes. A miña cola é moi suave e ademais ten maxia.

Así que o príncipe achegouse lentamente e posou as súas luvas marelas enriba da cola do dragón vermello.
De repente, ¡¡Chan, cha, chan!! O príncipe converteuse nun fermoso dragón marelo.
Os dous dragóns miráronse ós ollos e sorriron.
Entón o dragón marelo lle preguntou ó dragón vermello:

- Dragón vermello, queres casar comigo?
O dragón vermello respostoulle:
- ¡¡Si!!, ¡¡Si!!, ¡¡Si!!

Entón, os dous dragóns estiraron ás súas ás e moi xuntos emprenderon viaxe ata o Pais dos Templos dos Animais.

E COLORÍN, COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO



1 comentario:

  1. parabens para esta clase tan talentosa.Os debuxos son incribles e o conto moi imaxinativo...para cando a pelicula?(grazas mestras)

    ResponderEliminar