Coma xa sabedes, este anos decidimos que o alumnado tivese unha participación maior nos aniversarios.
Para a celebración, primeiro, o alumnado de cada clase confeccionou uns "banderíns" cos nomes dos compañeiros e/ou compañeiras que cumpriron ese mes. Estes banderíns quedarán colgados polo noso cole ao longo de todo o curso. O día da festa, fixemos dous grupos con alumnado das tres clases. Un grupo comezou participando na elaboración das lambonadas e, o outro, disfrutou de xogos dirixidos no patio. Cando acabou de cociñar o primeiro, cambiamos. Nesta ocasión, tratánbanse dunhas boliñas de galleta recubertas con chocolate e decoradas co ingrediente que máis lle gustara a cada unha/un. Unha vez feitas, baixamos ao recreo a cantarlles aos compañeiros/as que estaban de aniversario e degustar o cociñado.
Aquí vos deixamos algunhas fotos: