Páxina

venres, 23 de decembro de 2016

I OLIMPÍADAS DE INVERNO

O pasado 21 de decembro, o último día de curso do ano, celebramos as primeiras olimpíadas do noso cole. Foi un día emocionante cheo de actividades, non paramos! Xa fora unha semana intensa, porque o día anterior viñera un paxe dos Reis Magos a facernos unha visita. Nós démoslle unha carta e el entregounos caramelos. E "O Beretiño" tamén pasara polas nosas aulas a traernos os premios do concurso da radio!
Ademais, antes de comezar as olimpíadas, pasaron a pedirnos o aguinaldo polas distintas aulas os/as alumnos/as de 5º de Educación Infantil, os de 3º de Primaria e os de 5º de Primaria (acompañados pola mestra de música Ángela. Grazas polo teu esforzo!). Nós démoslles caramelos polo ben que o fixeron.

Á volta, recolectaremos todas as fotos e veredes o ben que o pasamos. 

Unha aperta xigante e que teñades felices festas de parte de todo o equipo de Educación Infantil! Vémonos á volta.


Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado 27 de novembro celebramos a nivel de centro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ao longo da semana, houbo distintas propostas no centro, baseadas en contos ou cancións, para as distintas aulas. Nós eliximos partir do conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?". E para fomentar as relacións entre aulas e etapas, xuntámonos os de 6º de EI cos de 1º de EP, e os de 4º de EI cos de 5º de EI.
Aquí estamos coñecendo o conto:






Despois de coñecer o conto (tamén o hai en soporte dixital! https://www.youtube.com/watch?v=tLQYQhiMI4A. Animádevos a velo), reflexionamos sobre el facéndonos moitas preguntas:
  • Como é a princesa que aparece no conto?
  • É como as demais princesas que coñecemos?
  • Credes que se pode obrigar ás princesas a facer o que outros queiran?
  • Gústavos que elixan elas o que queren facer?
  • Que cousas non vos gustan de ser unha princesa?
  • O rosa é unha cor de princesas?
  • As princesas teñen forza? Vós tendes forza?
Saíron respostas moi interesantes, por iso decidimos proseguir co noso traballo. Puxémonos mans á obra para pintar a Carlota (a princesa) de moitas cores, que era como a ela lle gustaba vestir. Pegámolas todas e quedounos un mural precioso. O alumnado de 4º de infantil ocupouse de xogar coas letras e organizalas para que estiveran igual que o título do conto.
A este fondo lle engadimos o castelo que estivemos creando cos briks de leite que trouxeron as nosas familias e o resultado é o seguinte!


Así comezamos a base do castelo
Pero quedábanos o colofón final: coller o noso bocadillo no que estaba recollida a nosa resposta  a algunha das preguntas que nos estivemos a facer (Por que é tan aburrido ser unha princesa rosa?,
Por que non me gustaría ser princesa?, Que me gustaría ser?) e sacarnos unha foto con el dentro do castelo.

 6º Educación Infantil
































5º de Educación Infantil
































 


4º Educación Infantil