Páxina

venres, 30 de abril de 2010

mércores, 28 de abril de 2010

A RAIÑA DE CORAZÓNS E A SÚA TROPA

Xa estamos outra vez os LOUVRE disfrutando moitísimo. Esta vez tocounos xogar con algúns dos personaxes de ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS. Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos!!!

martes, 27 de abril de 2010

AS PROFESIÓNS DOS MARCO

Agora estamos a traballar as profesións, e aínda que somos pequen@s, algúns temos moi claro que queremos ser de maiores. Así teremos amig@s profesor@s, astronautas, conductores de coches, bombeir@s, médic@s e futbolistas. O que non temos tan claro é a que se adican os nosos pais e as nosas nais. A ver se nos axudades a aclaralo:

luns, 26 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Xa podedes ver as nosas familias lectoras

Para ver a segunda parte pincha aquí

sábado, 24 de abril de 2010

OS PRADO EN PSICOMOTRICIDADE

O outro día no ximnasio a profesora esparexeu aros de distintas cores polo chan, puxo música e explicounos que tiñamos que correr sen pisar os aros. Cando a música paraba, a profesora dicía unha cor, e nós tiñamos que buscar un aro desa cor e meternos dentro del.

Anda, que problema!! Só temos un aro rosa!!!

Despois do xogo, cada un colleu un aro e aprendemos a rodalo. Mirade o vídeo!

venres, 23 de abril de 2010

OS DO PRADO EN ABRIL

OS DO PRADO VISITAMOS A NOSA AMIGA A CARACOLA TOLA CON MOITA ILUSIÓN.LEVAMOS OS LIBROS ELEXIDOS POR NÓS PARA COMPARTIR CON TODA A FAMILIA. O DIA 23 CELEBRAMOS O DIA DO LIBRO COS AMIGOS DE TRES, CATRO E CINCO ANOS. NOS RECANTOS TRABALLAMOS MELLOR. AQUÍ UNA MOSTRA DOS NOSOS AVANCES.


MAQUETAS ALICIA

Aproveitando que os do instituto de Chapela nos deixaron as maquetas que fixeron de Alicia, os nenos e nenas de educación infantil traballamos a fotografía. Mirade que grandes artistas somos:
Presentación aLICIA DEFINITIVA

domingo, 18 de abril de 2010

NATUREZA VIVA

Como xa chegou o bo tempo decidimos saír ao patio a debuxar a natureza que nos rodea, quedáronnos unhas obras moi primaverais.

xoves, 15 de abril de 2010

A FOTOGRAFÍA E OS MEDIOS DE TRANSPORTE NA CLASE DOS MARCO

Lembrádesvos das fotos que fumos sacar aos transportes??? Pois aquí podedes ver para que as usamos.




Se queredes velo está colgado na entrada de infantil.

mércores, 14 de abril de 2010

OS LOUVRE E UNHA DE RUTINAS

Como non todo vai ser arte, eiquí tendes un pequeno video de unha das nosas rutinas diarias: A ASAMBLEA. Como xa medramos moito e dentro duns meses estaremos metid@s en Primaria, mirade como xa somos quen de levar esta actividade sen a compaña de Cris.
SOMOS UN GRUPO FANTÁSTICO!!!


domingo, 11 de abril de 2010

OS MARCO E AS CORES DOS AROS

O outro día en psicomotricidade, xogamos a un xogo divertidísimo: a profesora esparexeu moitos aros polo chan, puxo música e explicounos que tiñamos que correr polo ximnasio sen pisar os aros. Cando a música paraba, a profesora dicía unha cor, e nós tiñamos que buscar un aro desa cor e meternos dentro del. Pasámolo moi ben.

Despois do xogo, cada un colleu un aro e aprendemos a rodalo. Mirade as fotos!

venres, 9 de abril de 2010

APRENDEMOS DA NATUREZA

OS FEIXÓNS MEDRARON E SAÍRON UNHAS PLANTIÑAS COAS SÚAS RAICES QUE ESTIVEMOS A INVESTIGAR.LOGO AS PASAMOS A UNHAS MACETAS. VÍCHEDES QUE PLANTAS TAN FERMOSAS?. HOXE LEVAMOLAS AO HORTO. REGAMOS OS AMORODOS QUE A PESARES DA SARAIBA DAS VACACIÓNS SIGUEN CRECENDO.

O PODEDES VER NO VIDEO

xoves, 8 de abril de 2010

O PAPÁ DE EVA

LUÍS O PAPÁ DE EVA DECIDIU DARNOS UNHA SORPRESA E TRÓUXONOS A SÚA GAITA, ENSINOUNOS AS SÚAS PARTES E DEUNOS UN PEQUENO RECITAL, OS PRADO E OS MARCO QUE ANDABAN POR ALÍ O ESCOITAR A GAITA NON PUIDERON RESISTIRSE E AQUÍ ESTAMOS TODOS GOZANDO COA MÚSICA.
GRAZAS LUÍS.

martes, 6 de abril de 2010

A MÚSICA CHEGA A INFANTIL

Como xa sabedes, o último venres de clase estivemos cuns músicos profesionais. Ensináronnos como era unha guitarra, cantamos, bailamos, e ademáis, deixáronnos tocar a súa guitarra. Foi un día estupendo!