Páxina

domingo, 12 de marzo de 2017

Entroido 2017


Despois de cumprir as ordes do meco durante toda a semana, as murgas e o taller de cociña, o venres despedimos o entroido cunha festa na que, ademais de disfrazarnos e bailar, tivemos unha agradable xornada de convivencia entre familias, alumnas, alumnos e profes. 

Aquí vos deixamos unha serie de fotos relacionadas co entroido, dende o estudo dos edificios escollidos para o disfrace, a súa preparación cos compañeiros e compañeiras de Primaria e, por suposto, as fotos da festa!


























































Saúdos 





venres, 3 de marzo de 2017

Mércores e Xoves de entroido: cantando as "murgas" e cociñando galletas de mel

Menuda semana de entroido! Ao longo dela tivemos que estar moi atentos/as ás comandas do meco e ir vestidos como nos mandaba, e ademais estivemos moi atarefados/as con outras actividades. 

MÉRCORES

Como ben sabedes, as tres aulas de infantil se atopan inmersas nun proxecto relacionado coas abellas, e como estamos todos e todas moi motivados/as, convertímonos en cociñeiros/as e a receita elexida foi... GALLETAS DE MEL. Pilládesnos coas mans na masa!


















 XOVES

A primeira hora estiveron os compañeiros/as de 5º de Educación Infantil, de 2º de Primaria e de 6º de Primaria cantando murgas de Entroido ao resto das aulas. Menudo traballazo fixeron en clases de música coa súa mestra Ángela!


                                           


E despois, grazas ao noso traballo do día anterior facendo as galletas, e grazas a amabilidade de todos e todas vós puidemos degustar unha incrible merenda de Entroido!































                                     

sábado, 11 de febreiro de 2017

Día da paz


As propostas de actividades do centro enmarcáronse dentro da idea relacionada co noso proxecto integrado de arquitectura Á PROCURA DUN TEITO: @S REFUXIAD@S. 
Comezamos coñecendo o conto “A MELLOR SOPA DO MUNDO”, xa que nos servía para que o alumnado comprendera as necesidades básicas dos demais e a axuda que entre todos/as podemos dar. Ademáis, desubrimos unha canción que está baseada neste conto e que nos encantou a todos/as! 



Despois fixemos a nosa propia receita para a paz entre todas as aulas de infantil.

-         

E na aula de música, grazas ao traballazo que fixo a nosa mestra Ángela, fixemos entre todo o cole unha adaptación da canción do cd/libro "Rolf and Flor en Londres", de The Pinker Tones. SORPRENDENTE!